Luisa Abad: "No Ateneo todo ten cabida, non hai ningún tipo de limitacións"
Polas súas actividades, sempre atentas á actualidade, teñen pasado centos de persoas
Ateneo Atlántico naceu hai oito anos como espazo cultural independente, plural e sen condicionantes. Polas súas actividades, sempre atentas á actualidade, teñen pasado centos de persoas. Agora buscan consolidar e atraer aos máis novos. Ten unhas 300 persoas socias.
Cómo vai empezar a nova tempada?
Empezaremos o 1 de outubro e temos planificado xa o trimestre, porque sempre van saíndo cousas de actualidade. Empezamos cunha novidade para nós, imos facer a edición dun libro que recolle tódolos relatos do Premio Exeria, que leva catro edicións. O día 1 de outubro teremos unha homenaxe a María Xosé Porteiro. Cada ano facemos a unha persoa socia de honra e este ano tócalle a ela.
Tamén será na Emao a homenaxe?
Tamén será alí. Temos que dar moitas grazas á Emao, porque temos un local, alugado, onde facemos algunas actividades, pero estas máis importantes requiren outro marco. A Emao é un marco incomparable pola historia que ten esa biblioteca.
Que mais están preparando?
Funcionamos por comisións, temos a de literatura, que ten un club de lectura, cunha lectura mensual; a comisión de cine e cada mes temos dúas películas, unha en colaboración con Cines Norte e outra no noso local, na rúa Doutor Cadaval. Temos outra comisión de debate e pensamento. Temos tamén outra de ciencia, e o ano pasado tivemos unha experiencia moi interesante que lle chamamos “científicos galegos polo mundo” e foron tres científicos que están traballando en universidades extranxeiras e viñeron contarnos os últimos traballos que estaban a facer. Foi unha colaboración coa Universidade e fixémolo no edificio de Redeiras. Temos unha comisión de feminismo moi potente, con moita actividade, aínda que o femenismo sea transversal na nosa actividade. Tamén a comisión de historia da cidade.
Están moito nos temas de actualidade tamén.
Interesanos moito a parte social. En outubro teremos unha charla sobre a problemática de Altri. Imos ver que vantaxes e inconvintes. Despois tamén temos presentacións de libros. Tivemos a sorte de ter personaxes como Carmena ou o ano pasado case morremos de éxito coa visita de Yolanda Díaz, a vicepresidenta do Goberno. Para nós foi un regalo. Calquera persoa que teña algo interesante que contar parécenos que ten que vir.
Por que nace Ateneo Atlántico.
Emilio Zunzunegui e Anxo Cabada pensaron que facía falla en Vigo oferta cultural. Xa houbera un ateneo en tempos, pero fora esmorecendo. Có seu entusiasmo van enganchando a unha chea de persoas, que entramos no proxecto e que foi medrando.
Como chega a ser a presidenta?
Eu xa fun secretaria durante catro anos. Houbo un momento que había que facer cambio de directiva e din un paso ao fronte. É unha actividade que fas con gusto, pero xa ten unha entidade grande. Fixemos unha cousa interesante que foi unha federación de ateneos de toda Galicia. Nos da forzas, eso de ter colegas en Santiago ou en Ferrol e poder artellar actividades comúns. Este ano temos o proxecto de facer unha páxina web.
Que ten cabida no Ateneo?
Todo ten cabida, non hai ningún tipo de limitacións. Todo o que ten que ver coa lingua e a literatura, nós temos unha aposta moi potente pola lingua. Polo club de lectura, que funciona moi ben, pasaron tantísimos escritores.
Cara onde camina o Ateneo?
Estamos nunha etapa de consolidación. A idea e seguir aumentando esas trescentas persoas que somos, tamén pedir algún tipo de subvención para proxectos puntuais. A idea é abrirse máis á sociedade. Case cada mes facemos unha excursión interesante, coñecemos o románico ou visitamos adegas. Sempre nos queda a xente nova, que non damos chegado.
O reto de futuro vai ser a xente nova.
Ampliar cara a xente nova. Nestas charlas que facemos coa universidade anímase a xente que está estudiando. Pero despois consolidar o que temos, que é moi interesante. Con tan poucos recursos estamos dando unha serie de actividades moi interesantes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar