Director de Galician Wine Academy

Jorge Vila: "A cata de viño é un esforzo de concentración, hai que fixarse nas sensacións que provoca"

Jorge Vila, no set de Atlántico TV.
photo_camera Jorge Vila, no set de Atlántico TV.
Galician Wine Academy xa ten sede física en Vigo, no Berbés, 29. A seu director, Jorge Vila visitou o set de Atlántico TV para falar sobre as actividades que realizan no centro

Galician Wine Academy xa ten sede física en Vigo, no Berbés, 29. A seu director, Jorge Vila visitou o set de Atlántico TV para falar sobre as actividades que realizan no centro e sobre o atractivo do mundo vitivinícola.

 

Que hai que saber para elixir viño?

No hai que saber nada, só iso, desfrutar. É semellante a outras artes, non hai que saber de música para que guste. Pero se se ten un interese real é moi probable que se busque unha formación que permita experimentala dun xeito distinto. 

En que hai que fixarse nunha cata? 

Unha cata é un esforzo de concentración, hai que fixarse nas sensacións que se ten na boca e nos sentidos en xeral. A xente sorpréndese cando dicimos que o tacto é fundamental, pero é que na boca tamén está ese sentido como no resto da pel, dinos se é seco, suave ou sedoso, se está quente ou frío. É preciso prestar atención.  Ás veces adicámonos a usar palabras estrañas, non é necesario. É moi habitual que os alumnos saiban o que lles gusta e o que non, iso é o fundamental. Imos buscar a maneira de que determinar por que lles gusta e así procurar outros viños semellantes. 

Esta é unha terra de viños, como se aprecian fóra?

Temos moita sorte porque Galicia está de moda no mundo de viño, cada vez interesa máis e  teñen maior calidade. Son viños de primeiro nivel internacional, non teñen que ter medo fronte a ningunha outra zona. Para iso nos últimos 40 anos houbo moitos cambios, o sector profesionalizouse.

En Galicia hai cinco denominacións de orixe. Cales son as diferencias?

Teñen características diferentes, que veñen dadas polo clima ou o chan, o que denominamos “terroir”, temos una diversidade fantástica. Cando explicamos á xente de fóra é difícil comprender esa diferencia, os galegos temos claro que os veráns en Ourense son máis cálidos que na costa e iso inflúen no estilo de viño.

É certo que as denominacións de costa son máis de brancos y as de interior de tinto?

Das cinco denominacións, en catro o máis abundante é o branco, só na Ribeira Sacra cultivan máis tinto. Somos un país de branco, en parte polo clima que lle dá mais acidez, pero tamén polo mercado. Hai moitos produtores de tinto a nivel internacional, pero había un nicho que se aproveito para ser os primeiros. 

Semella que os seguintes retos serán os espumosos e os de crianza.

Hai algunhas cousas que temos no ideario colectivo que non son certas como o de beber os viños do ano. Os bos caldos aguantan o paso do tempo, hai grandes viños que tamén melloran. En canto o dos espumosos, está a ser un éxito. Hai moita demanda a nivel internacional e as denominacións  que os fan (Rías Baixas e Valdeorras, Ribeiro en menor medida) están a ter moi boa acollida. É un campo no que se está a comezar, aínda queda moito por progresar.

E o os brancos para peixes e os tintos para carnes tamén está superado?

Son clichés que funcionan, pero que non teñen que quedarse aí. Pódense tomar brancos con carnes brancas ou con arroces, a min encántame un tinto suave con bacallao. Non pasa nada por non acertar co viño adecuado, pero sabendo cal vai mellor a experiencia gastronómica mellorará.

Como Burdeos ou La Rioja, pódese falar de viños de Galicia?

Aínda se lle está a dar voltas ao de viños de Galicia. Esa marca vende e fóra de Galicia vese como un conxunto, pero non o estamos usando ben. Coa xenerosidade ás denominacións de orixe pode que se consiga.

Coa curiosidade que esperta o viño, que tipo de alumnos van a Galician Wine Academy?

Na academia temos dous perfís, un a que lle gusta o viña e quere saber máis, quere aprender o sinxelo, e outro perfil que busca a titulación internacional para profesionais do sector, o WSET.

Te puede interesar