Fútbol | Liga de Campeones
El Atlético toma ventaja
Xogos Olímpicos | Caiac cross
Todo rematou mal nun xiro inesperado, que non parecía que se ía producir. É certo que Manu Ochoa pasou a última porta de xeito xusto, demasiado para ir en solitario na cabeza, pero tamén é verdade que outros padexeiros foron máis alá do límite e non tiveron sanción. O certo é que os xuíces entenderon que o de Tomiño non fixo o remonte completo dos 360 graos para dar a volta o poste e foi eliminado. Probablemente de xeito errado. Polo esforzo, seguro que inxusto. O deportista do Miño Teixugos pasou nuns segundos de estar nas semifinais como primeiro da serie a cruzar a liña de chegada pedindo explicacións por verse fóra. E, sobre todo, quedou coa sensación de que tiña o día para sacar un podio olímpico en París.
Antes da fatídica última porta, Manu Ochoa asinou un verdadeiro recital nunha serie co campión do mundo Joseph Clark, o eslovaco Jakub Grigar e o checo Jiri Prskvec. Saiu forte, con decisión, nuns primeiros metros no que as catro embarcacións chocaron e algunha delas tentou rebasar ó de Tomiño. Pero a estabilidade do teixugo resultou notable. Tralas dúas primeiras portas, soamente quedaba na desputa barco a barco o propio Clarke, pero sacouno de enriba Manu Ochoa cunha notable facilidade e forza cando meteu o seu barco polo lateral do tomiñés. A superioridade foi tal que Clarke apostou por asegurar a segunda praza dende o ecuador da proba cara diante. Ochoa gañou renda e renda para tomar as últimas portas con tranquilidade.
Igual aquí chegou o seu erro porque tiña tempo, moito máis do habitual no caiac cross para tomar a derradeira porta. Igual pola tensión da competición, realizou unha manobra axustada, como é costume. E os xuíces, que tiveron tempo para observalo con calma, optaron por decidir que o remonte non foi correcto pese a que a cabeza deu a volta arredor do poste. Consideraron que a manobra non foi completa e optaron por unha eliminación polémica, moi ó límite dentro dunha modalidade que sempre está nesa liña. O erro do tomiñés foi non recrearse na manobra para despexar dúbidas.
Entrou cos brazos pedindo explicacións ó ver a sanción. Quedou sen trocar e Ochoa, pese a gañar a quenda, quedou fóra dos Xogos coa impresión de que poucos había mellores que el. Una mágoa eterna en París. Todo ó lixo na última porta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Fútbol | Tercera Federación
El Gran Peña quiere volver a la racha buena en su visita al Lugo B
Motocross | Mundial mxgp
Rubén Fernández llega a Cerdeña con el reto de mejorar su octava plaza
Fútbol sala | Segunda División
El Bembrive visita al colista para sumar otra victoria