traiñeiras

David Serodio: "Costou, pero cumprimos o obxectivo de subir"

Coruxo xa prepara o curso 2020 tras o ascenso de 2019.
photo_camera Coruxo xa prepara o curso 2020 tras o ascenso de 2019.
 O adestrador de Coruxo, David Serodio, explicou que o balance da tempada é positivo "porque cumprimos o obxectivo inmediato, que foi ascender de categoría".
Non obstante, o técnico admite que "custou porque non o fixemos directamente, tivemos que ir ó 'play-off' para facelo, pero nas últimas semanas o barco adquiriu un punto de velocidade que nos permitiu superar ós rivais". Todo isto nunha segunda categoría do remo autonómico que "foi dura este ano porque os catro primeiros íamos rápido. Tanto nós como A Cabana, Esteira e Cesantes fixemos un bo papel e nas regatas metíamos moita distancia ó resto". 
O preparador da traiñeira viguesa analiza e admite que "o inicio non foi bo. Ademais, o gran problema durante o ano foi ter pouca xente. O grupo de remeiros era escaso e é algo que tento mellorar para o vindeiro ano. Xa falei con todos os remeiros do actual equipo e temos tres baixas. Despois falei con algunha xente que está inactiva e tamén conto con algúns xuvenís que soben de categoría, que nos axudarán". 
Con estes elementos, Coruxo buscará a permanencia na Liga Galega A o vindeiro curso despois do ascenso de 2019.
Na segunda categoría do remo autonómico continuarán Cesantes, que a vindeira tempada será unha traiñeira candidata o ascenso, Chapela e Vila de Cangas. O barco de Redondela mellorou moito ó longo da tempada, mentres que o morracense estivo todo o verán na zona baixa e rematou na última praza. En ambos casos, manter vivo o proxecto no 2020 xa é unha traballo duro para as dúas entidadesn

Te puede interesar
Más en Deporte local