Bueu revive onde morreu

A ponte de Rande presencia a saída da primeira quenda da Bandeira de Cesantes de onte, na que remou a traiñeira filial de Samertolameu.
photo_camera A ponte de Rande presencia a saída da primeira quenda da Bandeira de Cesantes de onte, na que remou a traiñeira filial de Samertolameu.
O barco do norte do Morrazo apreta a Liga cun triunfo en Cesantes, onde a perdeu o ano pasado, e con Tirán, Ares e Chapela xusto detrás, separadas por cuestión de centésimas

Hai un ano que Bueu viviu un día nefasto en Cesantes. A “Maruxía” estaba a ser a mellor traiñeira da Liga, pero un sétimo posto permitiu a Meira darlle a volta á tortilla, gañar o campionato e, posteriormente, ascender a ACT. Pero como o deporte sempre da revancha, o barco do norte do Morrazo atopouna onte no mesmo lugar. Na ensenada de San Simón, o bote vermello foi o mellor e levou unha vitoria que apreta a Liga grazas ó segundo posto de Tirán por diante de Ares e Chapela.

Segue a ser a embarcación de Ferrolterra a máxima favorita. Por puntos -lévalle catro a Bueu, oito a Tirán e doce a Chapela-, por regularidade e por potencial. Pero este triunfo buenense da un chisco de emoción a unha competición na que o bote chapeleiro queda prácticamente descartado. Os beretes gañaron a súa bandeira a semana pasada, pero a longo prazo non teñen trazas de estar máis arriba despois dunha mala fin de semana, cun mal sétimo posto o sábado en Castropol e o cuarto de onte, resolto por un suspiro. 

Desta volta, Bueu dominou de principio a fin no seu campo de regatas maldito. A emoción estivo xusto detrás, cun man a man entre moañeses, aresanos e beretes que caeu do lado da “Mar do Con” polo pelo dun calvo. Os tres barcos remataron no mesmo  segundo.

Por abaixo, as cousas se deron dentro do previsto. Cesantes asinou un noveno posto máis que correcto -se cadra agardaba algo máis por vogar na casa-, que confirma por enésima vez que, salvo catástrofe, acadará unha cómoda permanencia

Meira B, na súa liña, rematou última. Unha constante esta tempada para os mozos de Samertolameu, que debe extraer a parte boa no apartado da aprendizaxe e de mellora para ter opción de subir no barco de ACT a medio prazo. A curto, o futuro dos moañeses e do resto de barcos da Liga A é competir a fin de semana que ven na Pobra o sábado e en Bueu o domingo. 

Te puede interesar