Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Samertolameu vogou ben en Zarautz, longo e intelixente, nunha regata de mar aberto. Asinou a décima posición ó deixar a dúas embarcacións por detrás, pero é insuficiente porque ten un lastre difícil de levantar e o seu máximo rival, Santurtzi estivo un punto mellor. Así, “A Terca” afástase do posto de promoción, que está a nove puntos. Pecha a Liga ACT, aínda que continúa na loita a falta de tres regata puntuables. O descenso é case un feito consumado, pero a imaxe dos remeiros moañeses no último mes é sobresaínte.
O día era de remo técnico, cunha onda clara e algo lateral, que obrigaba moito ós remeiros e, especialmente, ós patrón no segundo e cuarto longo. “A Terca” comenzou coa proa diante na súa quenda, pero a ceavoga pasou case no mesmo tempo que Ondarroa e Santurtzi. Os primeiros baixaron o ritmo, pero a “Sotera”, rival directa, tivo un punto máis. No último longo, Samertolameu remontou algo, pero tiña sete segundos de atraso. Era moito lastre.
Na loita pola primeira praza, Urdaibai obtivo unha vitoria moi contundente e, ademais, Hondarribia e Zierbena, caeron ata a cuarta e quinta posición. Deste xeito, estira a súa renda ó fronte da xeral.
Na categoría feminina, a embarcación de Tirán Pereira volveu a pechar a regata en Zarautz e onte lonxe das súas predecesoras. Arraun Lagunak obtuvo a vitoria e se hoxe remata a proba xa é campioa de liga. No barco está a canguesa Bea Piñeiro, titular habitual nas donostiarras.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Balonmano | División Oro
El Carballal busca en casa la tercera victoria de la temporada