ÁLEX MENE Autor de “Indómita e a semente da inmortalidade”, gañador do certame literario Muíño do Vento

“Quero reivindicar o papel das nenas como protagonistas, non só como provocadoras”

Álex Mene, co libro premiado, “Indómita e a semente da inmortalidade” que se presenta en Vigo o vindeiro 3 de outubro.
photo_camera Álex Mene, co libro premiado, “Indómita e a semente da inmortalidade” que se presenta en Vigo o vindeiro 3 de outubro.
Profesor no bacharelato artístico do IES Alexandre Bóveda, Álex Mene deu un paso máis do mundo da literatura co seu segundo título, “Indómita e a semente da inmortalidade” (Bululú, 2019) co que gañou o primeiro certame de literatura infantil e xuvenil “Muíño no Vento”, convocado pola Asociación Cultural Canido de Ferrol.

Mene falou para os lectores de Atlántico de Indómita, unhas aventuras que presentará na Casa do Libro o vindeiro 3 de outubro.

Que ten esta historia que poida enganchar á mocidade lectora?
O atractivo para os adolescentes é o sentido do humor, ensina rir dos demais, pero tamén dun mesmo. Na estructura xogo a descolocar o tempo de acción, ao estilo Tarantino, para darlle máis dinamismo.
A protagonista é Indómita, que sentido ten o seu nome?
O nome resume a súa persoalidade e reseña a importancia dos nomes. Chegou á aldea nun canastro polo río e foi aceptada pola comunidade sen preguntar de onde ven; é a elixida para salvar á aldea.
É intencionado que sexa protagonizada por unha nena?
Quixen facer ás nenas protagonistas e reivindicar o seu papel protagonista, xa que como  son provocadoras da acción.
Os feitos pasan nunha aldea sen nome, nun tempo indeterminado. Dedúcese que é Galicia?
Podería ser nunha aldea do Courel, rodeada de montañas. Non a sitúo seguindo o estilo da tradición oral da que collo moitas referencias. É unha historia fantástica, onde os habitantes da aldea son inmortais grazas a unha árbore, pero tamén analiza as noticias falsas ou temas de ecoloxía.
Ten, entón, distintas lecturas?
É literatura xuvenil, pero tamén un conto para adultos. Pode ser a historia dun nena que ten que salvar a súa aldea ou unha trama con citas de Aristóteles ou Platón; que fala do paso do tempo e reflexiona sobre a mortalidade. Tamén evoca á literatura ou ao cine con guiños a Agustín Fernández Paz, Blanco Amor o a Hitchcock. Nútrese da tradición literaria e fai alusión a protagonistas de Hamelin o a Bela Durminte.

Te puede interesar