VIGO

Din Matamoro, novo académico de Belas Artes

Din Matamoro, en su estudio en 2004.
photo_camera Din Matamoro, en su estudio en 2004.

A súa última exposición en Vigo foi en 2012, na Fundación Laxeiro

Un vigués incorpórase o máximo órgano das Belas Artes en Galicia. O artista Din Matamoro (Vigo, 1958) acaba de ser nomeado membro numerario nas últimas cinco incorporacións á Academia, co escultor ourensán Ignacio Basallo, o musicólogo José Jiménez Gómez, a galerista Asunta Rodríguez (galería Trinta) e o coruñés Xosé Díaz Arias de Castro. 
Pódese ver obra de Matamoro na Colección de Arte Contemporáneo da Xunta, no Museo de Álava, nas coleccións privadas de Unión Fenosa ou da Deputación de Pontevedra, na colección do Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) de Santiago (onde fixo una mostra individual no 2003) ou na Fundación Barrié de la Maza da Coruña. Entre os seus recoñecementos destacan a Beca Banesto recibida en 1993, o segundo premio da Bienal de Pontevedra en 1992, e a Beca da Academia Española de Bellas Artes, Historia y Arqueología de Roma, en 1991.
A última exposición na súa cidade fíxoa en outubro de 2012. Foi unha pequena mostra das súas últimas creacións na Fundación Laxeiro. Baixo o título “Niebla” presentou catro pinturas de gran formato, xogando co espazo e aa sensación de  baleiro. “A miña pintura é arte de sensacións”, declarou entón para este xornal, e engadíu que “está feita para ser pensada, para poder captar máis matices que os que se aprecian a primeira ollada”. 
Tras pasar por distintas etapas creativas, atópase na fase de máxima abstracción. Nestas últimas obras expostas, ao artista non lle preocupa deixar as pegadas do seu proceso creativo: superposicións de veladuras, capas de tons fríos e quentes até lograr superficies aclaradas. Para Matamoro, non existe o branco, son esbrancuxados coreados, onde está medido até o último detalle a incidencia dos focos de luz. A iluminación resulta fundamental na presentación destas pezas. 
Na súa fase actual, Din Matamoro é máis etéreo, suxestiva e sutil. Considérase a si mesmo, un investigador, “concibo a pintura como unha expresión científica, cando pinto estou a procura e teño que atopar algo”, afirmou. 
No último encontro co público vigués quixo amosar as diferenzas na percepción visual do cerebro. E nesa liña segue no seu traballo actual.n

Te puede interesar