Iago Aspas, mellor co balón no pé

Iago Aspas recibiu unha homenaxe ó principio e respondeu partindo do banco como heroe

Publicado: 30 sep 2024 - 05:15 Actualizado: 30 sep 2024 - 08:25

O partido comezou coa homenaxe a Iago Aspas polos 500 partidos. Tivo camiseta de recordo e tamén brazalete de capitán conmemorativo.
O partido comezou coa homenaxe a Iago Aspas polos 500 partidos. Tivo camiseta de recordo e tamén brazalete de capitán conmemorativo.

Ferve a bancada cando o moañés corre pola banda a quentar. Ferve un pouco máis cando vai coa carreira impetuosa cara o banco para saltar o campo e, por suposto, xa é unha verbena absoluta cando salta ó campo e cando marca. É Iago Aspas, o heroe eterno do Celta moderno, o futbolista que trascenderá xeracións, o ídolo absoluto da bancada. O que ten cantiga propia, o que move ás bancadas. E, tamén, co cal se amosa o funcionamento do afeccionado do equipo vigués, sempre co balón nos pés e na gorxa.

Porque recibiu unha homenaxe ó comezar o partido o morracense polos seus 500 partidos en Primeira División antes de rodar o esférico. Apareceu un ‘tifo’ na bancada e entregouselle a camisola correspondente acompañado pola familia. E aí xa apareceron os aplausos continuos ó moañés a modo de recoñecemento, pero nada que ver con cando emprendeu a carreira pola banda para saltar ó campo. Xa foi pedida antes a súa entrada pola grada de animación e estoupou o sector que é termómetro da afección celeste cando chegou o troco. O home, o elexido, o mito estaba no campo.

“La verdad es que estoy muy contento y agradecido, sobre todo a la afición y a los niños, que ya lo veo en sus caras día a día cuando te paras a firmar con ellos, a hacerte una foto… Para mí es un regalo cada partido que juego aquí, delante de mi gente, en mi casa, y tratando de apoyar a mis compañeros con una victoria”, expresou o moañés tras o encontro. E, sobre a seguinte cifra, os 533 partidos de Manolo (Manuel Rodríguez), o capitán xa ten a idea na mente: “Ya dije cuando volví del Erasmus, como me dice la gente, en 2015 que venía para no marcharme jamás, para intentar batir todos los récords posibles. Estoy batiendo muchos, queda alguno todavía al alcance y seguiremos trabajando con la misma ilusión cada día para poder batirlos”.

Tivo uns minutos e marcou Iago Aspas para o festexo da bancada. Sobre a suplencia expresou que “tengo una edad también, pero a mí, como a los chicos de 20 años, me gusta jugar todos los partidos, todos los minutos, ser protagonista, estar dentro del terreno de juego. Pero el míster creyó que era mejor sacar a otro compañero, están trabajando todos muy bien durante la semana. El míster un día hace siete cambios, otro día te cambia a los once para mantener a toda la plantilla unida y creo que es una buena razón”, expresou o mito e goleador.

E nas bancadas escoitouse o “Aspas On Fire” de forma case recurrente ata o final nun partido no que os berros dos seareiros axustáronse á posesión do equipo. Baixaron cando o Girona tiña o balón e medraban de xeito exponencial cando a pelota era do Celta. A grada de animación, en Marcador Baixo, é o pulmón e o corazón das cantigas e, especialmente, o afeccionado que micrófono en man e camisola branca -onte parece que esqueceu a celeste- comenza as entoacións e marca os cambios. Todos menos un, o himno de Oliveira dos Cen Anos, sempre emotivo en Balaídos nun día coa entrada máis baixa do año ó quedar en 21.347 espectadores. Non deixan de ser grandes números. Ó igual que o equipo, a afección céltica crece coa posesión, aínda que sexa un balón sen perigo no saque do recuncho. Gusto pola pelota, como o seu equipo.

Contenido patrocinado

stats