As Celtas fanse realidade e botan a andar

O adestramento bautismal na historia do equipo feminino céltico completouse na Madroa con 24 xogadoras ás ordes de Vicky Vázquez

Publicado: 25 jul 2024 - 08:32 Actualizado: 25 jul 2024 - 16:16

Unha imaxe para a historia: o equipo feminino das Celtas na sua primeira formación de conxunto para empezar os adestramentos.
Unha imaxe para a historia: o equipo feminino das Celtas na sua primeira formación de conxunto para empezar os adestramentos.

O proxecto das Celtas sumou onte unha máis a todas esas estreas vén de vivir nos últimos meses e que ten por diante nas vindeiras semanas. Porque o equipo de Vicky Vázquez tivo a seu debut nun terreo de xogo co primeiro adestramento da súa curta historia. Esta sesión de 24 de xullo de 2024 xa quedará para sempre como a primeira da traxectoria dun equipo que tardou en chegar pero que por fin está aquí.

A adestradora viguesa contou con 24 xogadoras -por seguir co número máxico- nunha toma de contacto que arrincou ás 18:45, cando o sol aínda apertaba a base de ben no ceo vigués. Foi unha sesión suave, sen demasiada carga, máis destinada a tomar as primeiras sensacións coa equipación celeste que outra cousa. Por diante, seis semanas e media dunha pretempada destinada a conxuntar as pezas dun equipo que, literalmente, é novo.

A disposición de Vicky Vázquez estiveron 24 xogadoras nas instalacións da Madroa. Non estaban todas as que son pero sin son todas as que están, máis aló de que algunha futbolista das citadas hoxe terá ficha do filial. A técnica das Celtas avaliará se a súa presenza no primeiro equipo continúa unha vez arrinque a Liga.

Como porteiras estiveron Naiara Martínez, Nuria Gómez e Adriana Alonso. As defensas citadas foron Sara Álvarez ‘Muñi’, Camila Pescatores, Paula González, María Figueroa e Celia Fontecha. Vázquez contou tamén coas centrocampistas Lara Martínez, Tatiana Cruz, Paula Lorenzo, María Calvar, Noa García e Jimena Oubiña. Completaron o plantel deste primeiro adestramento as atacantes Noelia Pereira, Ana Toubes, Irene Fernández, Eva López, Elena Pérez, Nara Fernández, Emma Domínguez e Candela Rodríguez.

Con todo, o plantel aínda non está pechado. O clube está a traballar para pechar a incorporación de dúas ou tres xogadoras de nivel, que lle dean un punto máis de calidade a un equipo que xa está listo para pelexar polo ascenso a Segunda Federación. Será a partir de 8 de setembro, data de comezo da competición ligueira.

Contenido patrocinado

stats