A Xunta dalle axudas as obras do Mosteiro de Oia
Oia
O inmoble recibirá catro millóns de euros para o restaurante e hotel
O Consello da Xunta informou onte de que os proxectos para a rehabilitación do Mosteiro de Oia, que inclúen un hotel e restaurante, serán beneficiaron da liña de axudas de Turismo de Galicia.
A resolución inlúe o primeiro proxecto, concedido á empresa Residencial mosteiro de Oia, S.A., que suporá dotar o Mosteiro de Oia de restaurante cunha axuda de 1,8 millóns de euros. Tamén se aprobou o proxecto para establecemento hoteleiro de catro estrelas no mosteiro, neste caso cunha subvención de 2,2 millóns de euros, e que prestará os seus servizos aos hóspedes aloxados e público en xeral.
No conxunto consérvase o corpo da igrexa parroquial de Santa María de Oia, que se atopa totalmente independizada á súa vez do espazo destinado ao uso hoteleiro e de restauración, de xeito que non coincidirá a circulación dos usuarios turísticos cos asistentes á igrexa.
O espazo dedicado a uso turístico comprende unicamente o recinto pechado intramuros, constituíndo un todo homoxéneo, ao que non se pode acceder dende outro punto que non sexan os accesos específicos, controlados, e independizados do hotel e do restaurante. Este proxecto presentouse baixo a tipoloxía de proxectos tractores do turismo cultural e a creación do establecemento turístico vai unida á posta en valor e mellora ou rehabilitación dun Ben de Interese Cultural (BIC).
Contenido patrocinado
También te puede interesar