Atlántico

CONDADO/LOURIÑA

O Pazo de Mos vai gañar uso cultural e expositivo

Acordo entre o Concello e o conselleiro de Educación e Cultura

A alcaldesa Nidia Arévalo, no histórico Pazo de Mos.
A alcaldesa Nidia Arévalo, no histórico Pazo de Mos.
O Pazo de Mos vai gañar uso cultural e expositivo

Aproveitando a reunión mantida o en Santiago co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, solicitáronlle a Rodríguez un convenio de colaboración entre a consellería e a Fundación Pazo de Mos. 
Dito documento de colaboración plasmaría o compromiso da Administración autonómica de organizar, durante o vindeiro ano 2016, actividades culturais no Pazo de Mos que, como é sabido, atópase ubicado no Camiño Portugués a Santiago de Compostela, pola vía do interior, e que é unha das edificación senlleiras no concello mosense.  As actividades poderían incluír dende concertos, ata espectáculos infantís ou doutro tipo, coma as exposicións.

COLABORACIÓN
Pola súa banda o conselleiro de Cultura e Educación comprometeuse durante a entrevista coa alcaldesa a visitar o concello de Mos durante a semana do 28 de decembro para asinar dito convenio coa directiva da Fundación Pazo de Mos. 
Nidia Arévalo e Cebreiro argumentan a este respecto que “o obxectivo principal desta colaboración por parte da Xunta de Galicia coa Fundación é promocionar o Camiño de Santiago ó seu paso polo municipio mosense é darlle vida ó Pazo, unha das principais xoias do patrimonio histórico e arquitectónico da nosa localidade”, dixo onte.
 Cómpre lembrar que o Concello de Mos xa realiza actividades varias nas instalacións do Pazo de Mos como iniciativas de todo tipo incluídas na programación municipal cultural anual, entre outras significativas. n