Cartas al director

O poder cambia de mans

n  n  n Este ano vai cambiar o poder de mans. Tanto no Goberno da nación como en trece comunidades autónomas e en máis de oito mil pobos.  As enquisas están que botan fume, aínda qeu as certeiras non as coñecemos os mortais. haberá que esperar a que pase o 24 de maio e cando Rajoy queria as xerais, para coñecer os destinos políticos. Nosn quero dicir que sexan malsos, para non caer en derrotismo, pero non percibo boas vibracións. necesitamos unha proposta electoral de esquerdas.
Vanse desgranando as ideas dos programas electorais que identifican a liña ideoloxía de cada formación. Tamén coñecemos o perfil ideolóxico dos futuros votantes. A idade marca tendencia. Cidadáns e Podemos son as formacións que contan con maior proporción de persoas de idades cunha similar proporción de mozas e maiores. Entre os votantes de PP e PSOE, o grupo máis amplo é de máis de 55 anos. Outro dato a ter en conta é que o 40% do electorado de Cidadáns ten estudos de terceriro grado, fronte ao 34% entre os do PP, o 31% de Podemos e o 21% do PSOE. Ideolóxicamente falando, os votantes de Cidadáns sitúanse no centro, os de PP á dereita, e os de PSOE e Podemos no centro esquerda. Sabiámolo, con variacións, pero queda confirmado por Metroscopia. Quen apoia á esquerda?
Tendo en conta estes ou outros perfís, os partidos e as fomracións poñiticas elabaoran as súas propostas con maior ou menor participación interna ou cidadá. Algo así debeu de facer, hai máis dun século, o PSOE cando presentou o seu "Programa máximo". Boa visión da realidade tiveron quen o elaboraron, porque pese ao tempo transcorrido o diagnósitco e as propostas seguen sendo válidos. Algún retoque conceptual, incorporar algunah medida social e medioambienta, quitar outras, e temos un programa para o século XXI.
No tempo transcorrido desde a aprobación do Programa, ahistoria tróuxonos dúas veces a monarquía borbónica, unah República"de traballadores de toda clase", unha guerra civil e dúas dictaduras, a última cruenta. Agora o sistmea democrático veuse a menos polo goberno ultramontano de mariano Rajoy. O modelo social algo cambiou: xurdiu a calse media, inventado por Franco, segundo el dicía, e ao proletariado denominouselle productores. Agora da clase media nunca másis se soubo. Puidemos ver com a clase dominante segue sendo a mesma: os que teñen todo e todo o poden, fronte aso que, si seica, teñen traballo e seguen sendo pobres. Case catro de cada dez fogares (36, 7%) teñen dificultades ou moitas dificultades para chegar a final de mes. Máis de 14 millóns de persoas empobrecidas pasan serias dificultades para sobrevivir, cun grave risco de caer na exclusión. A precaridade, as desigualdades extremas e a a falta de movilidade social, non son unha consecuencia coxuntural da crise, nin teñen a súa solución no crecemento e a  recuperación que nos anuncian. Esta situación é unha mutación no ADN da socieade española, un novo modelo de sociedade que crearon. Esta situación é unha mutación no ADN da socieadde española, un novo modelo de socieades que crearon. Estas son as principais conclusións do informe da Asociación de directoras e Gerentes de Serivicios Sociais,  "El ascensor social yace gripado no sótano, dejando atrapadas a millones de familias."
Estímase que 40.000 familias foron desaloxadas da súa vivenda por impago de hipoteca ou da renda no último ano.