XAVIER LABANDEIRA CATEDRÁTICO VIGUÉS QUE PARTICIPA NO CUMIO DO CLIMA

“Xogámonos moito no cumio do clima de parís, creo que se conseguirá un acordo de calidade”

O Cumio do Clima, que empezou onte en París, buscará un acordo para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro. 195 países reúnense ata o próximo 11 de decembro para falar do quecemento global.

O catedrático vigués Xavier Labandeira Villot.
O catedrático vigués Xavier Labandeira Villot.
“Xogámonos moito no cumio do clima de parís, creo que se conseguirá un acordo de calidade”

O catedrático Xabier Labandeira moderará un encontro organizado pola Comisión Europea.
¿Cómo será a súa participación no Cumio do Clima? Modera un encontro sobre o mercado de emisiones, ¿de qué falarán?
Serei o moderador dun evento paralelo da COP (os denominados ‘side events’) que organiza a Comisión Europea o sábado 5 e contará coa presenza do Comisario Arias Cañete, varios Ministros europeos e representantes de diversos sectores suxeitos ao mercado europeo de comercio de emisións. O tema do evento é valorar os dez anos do mercado europeo de comercio de emisións, que é unha experiencia única e moi interesante para a aplicación exitosa e custo-eficiente das políticas climáticas na UE e no resto do mundo.

¿Qué espera que ocorra nesta ocasión? ¿É partidario de que haxan acordos vinculantes?
Espero que se chegue a un acordo e que este introduza elementos vinculantes e flexibilidade para conseguir que nos acheguemos a finais de século ao incremento de 2ºC, e non máis, con respeito á época preindustrial. Concordo bastante coa posición da Comisión Europea neste cumio.

¿Qué se xoga o planeta neste cumio? 
Xógamonos moito neste cumio pero non diría que é a derradeira oportunidade. Se non se conseguise un acordo deberíamos seguir intentando, pero sinceiramente creo que se vai conseguir: quizais o máis relevante é a calidade do acordo a que se chegue. 

¿Cómo ve a China e a EEUU? 
Os sinais que recibimos de China, EEUU e outros países son claramente positivas e xustifican o meu optimismo sobre o acordo (que non sobre a súa calidade).
Vostede firmou unha declaración impulsada por economistas franceses para esixir aos gobernos que fixen un prezo para o CO2.  ¿Cales serían as vantaxes? 
As ventaxas dos impostos sobre carbono é que introducen os incentivos a empresas e cidadáns para investir en tecnoloxías limpas e ademais levan a cambios de comportamento. Nun problema de tanta magnitude e alcance como o cambio climático son un instrumento fundamental (que non único) para conseguir as mudanzas que precisamos. Non se trata, por outra banda de inventar nada: o mercado de comercio de emisións do que falamos antes é tamén un instrumento que se basea no uso dos prezos e son tamén abundantes os países que teñen aplicado impostos sobre as emisións de CO2. Non creo, sen embargo, que vexamos nada sobre isto nos resultados do cumio

¿Qué destacaría do seu traballo na Unidad de Política Climática do Instituto Universitario de Florencia y qué supón para Vigo que esté neste organismo?
Eu nestes momentos divido o meu tempo entre o Instituto Universitario Europeo de Florencia e a Universidade de Vigo (onde durante medio ano me encontro en situación de excedencia) e creo que isto permite aproveitar sinerxias entre o traballo que realizo aquí a través de Rede e Economics for Energy e o de Florencia. En realidade, en Florencia interésanos a valoración económica das políticas climáticas europeas e convertirnos nun centro de encontro e debate académico sobre elas.n