vigo

Xa son casi 70 as familias que chegaron ao Casco Vello

Dous propietarios e Bravo, onte.
photo_camera Dous propietarios e Bravo, onte.

O consorcio casco vello entregou as chaves doutras tres vivendas de protección autonómica

A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, entregou as chaves doutras tres vivendas de protección autonómica (VPA) co que xa son 68 as novas familias que residen no barrio histórico desde que o organismo comezou a súa oferta de posta no mercado de pisos hai agora catro anos.
A firma das hipotecas e das escrituras destes pisos rehabilitados polo CCVV celebrouse este venres nunha notaría na que Bravo Bosch aproveitou para dar a benvida aos novos donos dos seus pisos e para agradecerlles tamén a súa aposta decidida para residir na zona. 
Trátase da segunda vez, en menos de 15 días, que o organismo entrega de novo 3 pisos tamén pertencentes ao último sorteo realizado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), hai tan só 3 meses. Das 10 VPA adxudicadas nese sorteo, xa foron entregadas 6 delas.
As tres VPA adquiridas entréganse coas súas cociñas montadas e contan cun dormitorio. Trátase do 1º de San Sebastián, 4; do  1º de Subida ao Castelo, 5; e do 2º de San Sebastián, 6. Os prezos das mesmas oscilan entre os 85.700 euros do máis barato e os 98.100 euros (sen IVE) do máis caro. As superficies das VPA van desde os 59,16 metros cadrados aos 67,66. Ata a actualidade, o IGVS sorteou xa 74 VPA que formaron parte dun total de 5 fases con distintas promocións de inmobles. 

Te puede interesar