vigo

A Universidade convoca a 20 empresas e un ‘showroom’ na cita da automatización

O profesor Ignacio Armesto.
photo_camera O profesor Ignacio Armesto.

n n n A sétima edición das Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial (JAI), que terán lugar en Vigo o próximo mes de marzo, marcarán un fito na historia deste evento, cun máximo de participación de empresas do sector industrial. Un total de 20 compañías daranse cita entre os días 12 e 16, convertendo esta edición na máis numerosa dende que botaron a andar estas xornadas en 2004 da man do profesor do Departamento de Enxeñaría de Sistemas e Automática, José Ignacio Armesto. Outra das novidades das JAI 2018, que se celebrarán na sede do campus da Escola de Enxeñería Industrial, será un espazo de demostración de robótica colaborativa, impresión 3D e realidade virtual na que centros tecnolóxicos galegos exporán os seus deseños.
“Sen dúbida, en pleno auxe da industria 4.0, a automatización e a robótica e nunha contorna na que as empresas xa se deron conta de que deben apostar por estas tecnoloxías se queren sobrevivir”, explica Armesto, este evento é “un contexto excepcional para entender, realmente, todo o que rodea a este concepto” e, precisamente, algunhas das firmas que participarán nas xornadas “abandeiran e pilotan” iniciativas neste campo. As 20 empresas confirmadas proceden de Europa, América e Asia e abranguen, practicamente, “todos os ámbitos tecnolóxicos”.
Tendo en conta estes datos, as expectativas de asistencia da organización “son moi elevadas”, principalmente pola inclusión no programa do showroom de industria 4.0 e polo crecente interese que existe por coñecer as tecnoloxías de automatización e robótica. Así, agárdase que se superen os 1000 asistentes da anterior edición e as propias firmas destacan “que non coñecen ningún outro evento cunha participación tan masiva nun programa de conferencias técnicas”. “No espírito das JAI estivo dende o principio perseguir o achegamento entre o mundo empresarial, o educativo e o institucional”, explica Ignacio Armesto. Con este obxectivo, naceron hai máis dunha década estas xornadas. n
 

Te puede interesar