vigo

Unha última achega de Zulueta de Haz á Penzol

A Fundación Penzol fixo onte unha foto de familia con María Teresa Fernández, no centro.
photo_camera A Fundación Penzol fixo onte unha foto de familia con María Teresa Fernández, no centro.

A súa viúva, Teresa Fernández, entregou onte a doazón de 61 caixas de documentos, 418 libros, revistas e oito pezas de arte

nnn A adicación que Alfonso Zulueta de Haz fixo á Fundación Penzol  experimentou onte un novo capítulo, protagonizado pola súa viúva, María Teresa Fernández, que fixo entrega da doazón dos seus fondos, tal e como el decidira en vida. O acto tivo lugar na Casa Galega da Cultura e contou coa presenza do concelleiro Cayetano Rodríguez, en representación do alcalde.
“Recibimos moi honrados este material non só polo seu interese, senon polo que significou Zulueta de Haz para esta institución coa súa entrega, xestión e xeito de entender a filosofía do fundador”. Con estas palabras, acolleu Francisco Domínguez, director da Fundación Penzol, as 61 caixas de documentos do seu labor nas distintas fundacións, iniciativas e asociacións nas que participou de carácter político, cultural e social. 
Completou a entrega 418 libros, entre os que se atopa un exemplar de “Sempre en Galiza” coa sinatura de Castelao, exemplares de oito publicacións periódicas e varias pezas de arte: catro esculturas (de Amadeo Gabino, Enrique Broglia, José Luis Sánchez y Óscar Estruga), tres pinturas (de Xosé Freixanes, o retrato de Zulueta de Haz por Maruxa Raposa e Antón Goyanes), asemade unha serigrafía do 25 aniversario de Edicións Xerais, unha figuriña de Castelao de Doa e unha colección de moedas conmemorativas do Día das Letras Galegas, obra de Manuel Ferreiro. E de especial valor para a Fundación, pola súa presenza nas escaleiras da súa sede dende hai anos, a doazón tamén incluíu a reproducción a tamaño real do mapa que Domingo Fontán entregou á Raíña Rexente, María Cristina de Borbón, en 1835.
Unha segunda achega, máis funcional, trasladou á Fundación a propiedade de catro butacas de sala de espera, unha cadeira de coiro, unha mesa escritorio, unha estantería e mesitas con rodas para escribir.
O presidente da Penzol, Manuel Puga, agradeceu á María Teresa a súa presenza, xa que “ben sei o esforzo que tivo que facer polos moitas lembranzas que lle trae a Fundación”. Asegurou que sen ela, Zulueta de Haz no tería chegado a onde o fixo: “Foi unha gran compañeira y amiga”. Do seu home, afirmou que sempre está presente na lembranza da Penzol, “pero con esta documentación conseguimos que ocupe o lugar que lle corresponde na Historia, xa formando parte da ringleira dos inmortais. María Teresa Fernández tomou a palabra para pechar o acto, animando a loitar na vida: “Síntome triste por un lado e por outro agradecida pola sorte de tratar e querer a unha persoa que era boa”.n

Te puede interesar