A TVG pon a Vigo e a un xornal local como estrelas dunha serie

Os productores e actores posan xunto a Rosa Vilas, directora da TVG, na presentación de “O Nordés”. foto: marta brea.
‘O Nordés, Diario Independente de Galicia’ sae a rúa a través na ficción televisiva o vindeiro xoves, 17 de septembro, ás 22 horas. Esta será a primeira ocasión en que Vigo é protagonista nunha serie emitida pola TVG e protagonizada polas caras máis coñecidas do panorama artístico galego.
A nova serie de ficción da Televisión de Galicia aborda o mundo do xornalismo con Vigo como telón de fondo, ‘O Nordés’, que se presentou onte na nova sede do Colexio Oficial de Arquitectos, en Doctor Cadaval: ‘Escollimos esta ubicación para a nosa saída a luz porque é un lugar cheo de simbolismo, xa que aquí estivo ‘El Pueblo Gallego’, un xornal que aínda perdura na memoria de moitos vigueses e profesionais’, sostivo Rosa Vilas, directora da Televisión de Galicia, perante a presentación do que denominou ‘unha das grandes apostas da TVG para esta tempada’, e no que estivo acompañada por Xosé Arias, director de CTV; Andrés Mahía, de Zopilote, e Alfonso Zarauza, codirector da serie, ademais de parte do elenco de actores, encabezada por Monti Castiñeiras. Unha das características desta producción é a importancia que adquiren os exteriores rodados en Vigo: ‘Como ourensano que ven a vivir a Vigo, estou encantado de que por fin se faga unha serie que reflicta o que é Vigo’, afirmou Xosé Arias, quen reseñou a calidade da rodaxe, feita ao estilo cinematográfico. Pola súa banda, Andrés Mahía, da productora Zopilote, calificou a serie como ‘unha aposta arrisgada, urbana, realista e feroz, que non ten nada que ver co costumbrismo ao que estamos a feitos na Galega’. O orzamento de producción non superou o 90.000 euros, cantidade moi inferior ás baralladas polas produccións coas que vai competir en horario: ‘Esto demostra a calidade da nosa ficción’, puntualizou Vilas.

Ficción e semellanzas nada casuais

Están rodados os primeiros 13 capítulos que comezarán a emitirse o vindeiro xoves 17. Mabel Rivera, Manuel Olveira Pico, Isabel Risco, Olalla Salgado, Víctor Fábregas, Ledicia Sola, Fernando Morán, Monti Castiñeiras, Xulio Abonjo, Xacobo Prieto, Evaristo Calvo, Marián Bañobre, Marcos Orsi, Belén Constenla e Alfonso Agra serán os encargados de dar vida á redacción de ‘O Nordés’, que segundo o productor Mahía (ex-redactor deste diario) ‘reflicte unha profesión que está sempre cuestionada, que se atopa entre a loita pola independenza contraposta aos servilismos’ e engadiu que ‘é todo ficción, sen se basear en ningunha publicación, aínda que sempre haberá quen se vexa reflexado’. O certo é que o deseño interior da redacción (o maior decorado construido en Galicia), a maquetación de ‘O Nordés’, a localización en Vigo e o nome de ‘Diario Independente de Galicia’ coincide, parece ser que de xeito casual, con Atlántico, semellanzas que non pasaron onte desapercibidas.

Te puede interesar