O regreso dos Toribios marca o inicio do ano de Carlos Casares
vigo
A editorial Galaxia presentou onte aos escolares do CEIP García Barbón a nova edición do conto do autor das Letras Galegas
nnn "Este é un público difícil, extremadamente esixente, pero pensamos que é máis lóxico facer a presentación aquí, ante os seus destinatarios, que ás oito, nunha librería", apuntou Francisco Castro, director xeral de Galaxia, momentos antes da presentación da nova edición de Os Toribios con motivo da dedicación do Día das Letras Galegas aos seu autor. "É unha renovación motivada polo Ano de Casares; onde faremos un esforzo especial para reactualizar a súa obra, toda publicada en Galaxia, da que foi director", indicou Castro. Así, os novos libros son de maior tamaño, tipo álbum, aínda que manteñen as ilustracións orixinais.
A presentación de onte foi o pistoletazo de saída no Ano de Carlos Casares. Nunhas semanas presentará a campaña de teatro baseada na obra "Galiña Azul". Antón Riveiro Coello homenaxea ao autor na súa nova novela, "A ferida do Vento", que fai referencia a familia do escritor en Xinzo de Limia. Pero sen dúbida, a biografía de Carlos Casares, asinada por Henrique Monteagudo, é a publicación estrela: "A importancia deste biografía é que foi escrita por un bo amigo de Casares que o coñeceu moi ben".
O primeiro reto resultou no colexio García Barbón. A actriz Mai logrou entusiasmar a uns nenos que xa traían aprendida a historia de Os Toribios e o seu mundo de imaxinación como o lápiz das cousas imposibles ou o espello Lareto.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar