"A realidade de israel normalmente chega distorsionada cando non manipulada"
PEDRO GÓMEZ-VALADÉS Preside AGAI, que cumpre dez anos
nnn Hai dez anos naceu en Vigo a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI), con Pedro Gómez-Valadés ao fronte. Ahí sigue, convencido da necesidade de mostrar un discurso pro-Israel fronte a unha visión que considera distorsionada do problema de Oriente Próximo.
Como naceu AGAI?
Sen dúbida gracias a internet. Porque sen a posibilidades que da a rede tería sido moi difícil que un grupo de persoas espallados por toda Galicia e sen coñecernos previamente nos puxéramos en contacto. O misto que prendeu o lume foi a apertura a primeiros de 2006 dun blog que aínda existe (www.galiza-israel.org) o que de feito funcionou como faro para por en contacto a persoas ao longo e ancho de Galicia. Unha vez feito o contacto estivemos dacordo na urxente necesidade de constituír unha asociación que posibilitara actuar e desenvolver todos os obxectivos que daquela nos propuxemos e que desde aquel 2 de decembro de 2006 guían a actuación de AGAI: recuperar e por en valor a herdanza secular da presenza do pobo xudeu entre nós, manter encendido o facho da memoria do Holocausto, combater o crecente e moi preocupante antisemitismo e achegar á sociedade galega a realidade de Israel. Realidade que normalmente chéganos distorsionada cando non directamente manipulada pola fácil demagoxia antiisraelí.
Como é a súa relación co BNG, onde militou durante anos?
Non teño relación. Desde que o BNG tomara a decisión de expulsarme por ter unha visión diferente do conflito palestino-israelí e por constituír unha asociación de amizade entre Galicia e Israel, non volvín ter ningunha relación. A decisión do BNG de expulsarme foi un disparate e unha flagrante violación dos máis elementais principios de liberdade de opinión e expresión. Algo impropio dunha organización democrática. Claro que despois de escoitar daquela na executiva comarcal de Vigo e da que eu era membro, dicir a un destacado exconcelleiro que “ser proisraelí é máis grave que ser un maltratador de mulleres”, despois diso pouco máis hai que engadir. En todo caso o certo é que o antisemitismo (co disfraz politicamente correcto do antisionismo) non é desgraciadamente monopolio do BNG.
É moi duro estar a prol de Israel?
Bueno, se quixeramos ter unha asociación fácil de levar, sen ataques gratuítos e sen demonización teríamos constituído por exemplo unha asociación de amigos da empanada de zamburiñas. Sabiamos que ser proisraelí, fundar unha asociación de amizade con Israel, tería a reacción contraria de moita xente que se autocualifican a si mesmos de propalestinos. Cousa máis que discutible como a realidade demostra. Sen ir máis lonxe por exemplo na actual guerra en Siria, o campo de refuxiados palestino de Yarmuk ás aforas de Damasco, foi asediado brutalmente e bombardeado polas tropas de Assad sen que por aquí ningunha das organizacións que se denominas propalestinas convocara ningunha manifestación, mobilización…. Nada. Semella que os palestinos só importan para poder atacar e demonizar a Israel. Se Israel non está no escenario entón non hai atención.
Que pensa do conflito palestino?
Que debe e pode solucionarse. O conflito está sobredimensionado polo exceso de atención mediática. Ningún outro conflito ten tantos correspondentes destacados na zona. Claro que ser correspóndete en Israel-Palestina é moito máis fácil que estar en Mosul ou Siria por exemplo. En Xerusalén ou Tel Aviv hai magníficos hoteis nun país, Israel, moderno. E digo que o conflito pode e debe solucionarse porque a fórmula xa está clara e só falta levala a cabo A fórmula de dous estados para dous pobos é a única posibilidade de chegar a unha paz xusta.
Agora que AGAI cumpre 10 anos como os valora? Cal é o balance?
Positivo. Moi positivo. En AGAI temos claro que hai un antes e un despois na data da constitución en 2006 da asociación. O traballo desenvolvido foi intenso. Lamentablemente sen AGAI moito me temo que non habería recordo anual no Parlamento de Galicia aos millóns de vítimas da barbarie nazi.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último