VIGO

A provincia rexistra 32 terremotos, a maioría situados en Pontecaldelas

A provincia de Pontevedra rexistrou 32 terremotos entre a tarde do martes e a madrugada deste xoves, 30 deles no municipio de Ponte Caldelas, cunha intensidade máxima de 3,1 graos na escala de Richter.

A provincia rexistra 32 terremotos, a maioría situados en Pontecaldelas


Segundo os datos rexistrados polo Instituto Xeográfico Nacional (IGN), entre as 18,36 horas do martes 15 de maio e as 5,51 horas deste mércores rexistráronse 32 sismos de entre 3,1 e 1,5 graos na escala de Richter. Fontes do Instituto Xeográfico Nacional explicaron a Europa Press que "a natureza é así" e recalcaron que nesa zona da provincia de Pontevedra "non hai ningunha falla coñecida". Por iso, o IGN enmarcou esta "serie de terremotos" dentro do normal e as mesmas fontes consultadas incidiron en que "a probabilidade" de que haxa un sismo "grande" é "bastante baixa", pero non se pode "descartar ao 100%".
Da trintena de sismos rexistrados en doce horas, "só un foi sentido pola poboación", o rexistrado ás 20,01 horas do martes a 11 quilómetros de profundidade en Ponte Caldelas, con 3,1 graos na escala de Richter.