VIGO

Poesía e música únense para lembrar o legado de Xela Arias

Xela Arias morreu de súpeto aos 41 anos, deixando unha obra que xa forma parte do legado literario galego.
photo_camera Xela Arias morreu de súpeto aos 41 anos, deixando unha obra que xa forma parte do legado literario galego.

Os seus compañeiros de letras organizan unha homenaxe polo seu décimo cabodano

Cúmprense dez anos do falecemento de Xela Arias, pero a súa voz segue a escoitarse nos seus versos. A súa presenza seguena a sentir os compañeiros de letras, os da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) que hoxe organiza un acto na súa lembranza: “Homenaxeala é testemuñar que se tratou dunha autora singular para o seu tempo; é render homenaxe a unha voz única e a unha muller que sentía e amaba a súa lingua, a terra e o pobo que creou esa lingua”, apunta a Asociación.
Así, lembrarán os versos na cidade na que vivíu e onde reside a súa familia e nas voces que a coñeceron e a trataron, abordando tódalas facianas de Xela, que sumou a poesía, a música e as artes plásticas.
A cita será este serán, ás 19 horas, no instituto Álvaro Cunqueiro, na rúa Porriño (Coia). Participarán Manuel Bragado e Fran Alonso, de Xerais, editorial a que estivo moi vencellada; María Xesús Nogueira, a súa editora; Pilar Carro, promotora do certame poético que leva o seu nome; Eduardo Estévez, o seu traductor ao español, pero tamén o actor Avelino González, as escritoras Ana Iglesias e Mercedes Queixas, e farase lectura dunha mensaxe de Carme Kruckenberg. A música porana Xardín Desordeado e Fernando Abreu con Iolanda Zuñiga. 
Xunto a súa familia manteñen vivo o seu legado.n

Te puede interesar