O ‘pai’ do Apalpador ilustra poemas de Neira Vilas

Leandro Lamas con Neira Vilas, durante a visita a súa casa.
photo_camera Leandro Lamas con Neira Vilas, durante a visita a súa casa.

O artista Leandro Lamas iluminou a reedición de “Cantarolas”, que saíu de imprenta na véspera da morte do autor

Leandro Lamas presenta un novo traballo no mercado: “Cantarolas”, editado por Kaladraka, onde ilustra os versos de Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda. “Non sei se o vería, pero chegou da imprenta á súa casa á véspera da súa morte”, indica Leandro, que neste traballo repetía co autor de Gres, a quen xa lle ilustrou “Xardín de Irene”. Recoñece que non recibíu moitas indicacións do escritor: “Visitamos a súa casa, pero en realidade falamos pouco do libro; foi unha excusa para estar alí e disfrutar da súa compaña”, apunta Leandro, quen se achegou á Fundación co Paco Nogueiras, o intérprete que musicalizou os poemas. Naquela sentíu o apuro que tiña Neira Vilas por facer as cousas, “afirmaba que os seus tempos eran distintos”.
Con esta edición conmemórase o 20 aniversario da primeira publicación de ‘Cantarolas’, unha escolma de cantos e poemas evocadores da natureza e do medio rural. Esta fin de semana saíu ao mercado no ámbito de Culturgal. Na web da Fundación Neira Vilas inclúese un link coa interpretación musical das composicións.
Leandro Lamas (Narón, 1973) divídese entre a laboura de ilustrador y su producción artística: “Creo que non son traballos moi diferentes”, asegura, “xa que o xeito que teño de traballar, pintando cuadros personalizados sobre o que me contan, asemellase a ilustrar”. Leandro recoñece que iluminar un libro “obrígame a abordar temas que doutro maneira non tocaría”. Así, en “Cantarolas” crea distintos animais, como ras ou xoaniñas, pouco cotiás na súa iconografía, máis centrada na figura humana. 
Nestas datas, xurde unha das creacións máis coñecidas de Leandro, O Apalpador. “Fun o primeiro porque mo encargaron, paréceme moi ben que xurdan outras versións, so me gustaría que se respetasen unhas características comúns para a súa identificación”.  Orgulloso da súa autoría, agradécelle á asociación Gentalha do Pinchel o traballo de recuperación desta figura entrañable: “Dinlle o aspecto dun home que vive no monte, pero tamén me permitín algunha licencia como as pantuflas”, recoñece.n

Te puede interesar