‘Indagar na violencia contra a muller, a tanxible e intanxible, foi un dos motivos da novela’

MARÍA ALONSO Autora de “Red Lion”, presentou a libro onte en Cartabón

María Alonso, natural de Matamá, presentou onte a súa última publicación, “Red Lion”.

ANA BAENA. VIGO

Publicado: 05 oct 2019 - 02:32

María Alonso, na presentación do libro, onte, en Cartabón.
María Alonso, na presentación do libro, onte, en Cartabón.

Publicada por Galaxia, adéntrase na vida de Lolita Dinamita, unha supervivinte dun mundo marxinal.A escritora, licenciada en Filoloxía e residente a cabalo entre Edimburgo e Vigo, falou onte desta historia na librería Cartabón.

É unha historia dura. Non enmascará nada?

É unha novela que se mete de cheo na trata de mulleres e a explotación sexual. Ese é o macrotema, pero a través da sororidade levo aos personaxes ao límite.

Non concreta onde acontecen os feitos. Ten unha ubicación concerta?

A localización ambigua é moi consciente. Suxiro onde pode estar o “Red Lion”, pero quero que dea a sensación de que pode estar en calquera lugar, en calquera pobo, país ou cidade. Hai moita xente que cree velo identificado en distintas partes.

Semella que a trata de blancas perdura por moito que avance a sociedade ou o feminismo.

Unha das razóns que me motivaron a escribir a novela foi indagar máis en torno ás violencias contra a muller, as tanxibles e as intanxibles, as que non son tan obvias. Busco situacións nas que se pode identificar xestos violentos e deixo a interpretación outras.

Sen desvelar o final, unha situación tan difícil pode ter esperanza dun final positivo?

Unha das preocupacións principais que tiña ao crear a protagonista era non seguir os estereotipos. Levo anos lendo novela negra latinoamericana e as mulleres teñen un papel marxinal, secundario ou se son protagonistas como en “Rosario Tijeras”, de Jorge Franco, unha sicaria, cunha ocupación exclusiva aos homes, está condenada a fracasar dende o inicio. Eso é o que non quería. Lolita Dinamita non é unha heroína, porque non é exemplar, pero ten un lugar reservado aos homes.

Contenido patrocinado

stats