Gañemos Vigo, pola legalización do cannabis
ELECCIONES 24-M VIGO
Gañemos Vigo defende a elaboración dunha ordenanza municipal sobre a legalización controlada do cannabis en Vigo ou, cando menos, a súa nova regulamentación legal. Para Gañemos o consumo de cannabis non debe ser penalizado e estima que debe terse en conta que os produtos non-psicoactivos son legais en moitos países e neles as autoridades poden dar licenza para o cultivo orientado a determinados fins, explicou nunha nota.
Ademais Gañemos desexa lembrar que o fracaso das políticas prohibicionistas e policiais fronte ao tráfico de drogas levaron a moitas personalidades mundiais a solicitar cambios na súa regulación. Asemade lembrar tamén que en xuño de 2011 a Comisión Global de Políticas contra a Droga decidiu escribir un informe no que expresaba que era un bo momento para cambiar a "estratexia prohibicionista de todas as drogas".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último