VIGO

A Galicia soñada polos Isla Couto

O alcalde Abel Caballero,  con Manuel Meixide, da Fundación Isla Oouto; Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cutlura; os edis Chus Lago, Cayetano Rodríguez e Manel Fernández e Xosé Pastoriza.
photo_camera O alcalde Abel Caballero, con Manuel Meixide, da Fundación Isla Oouto; Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cutlura; os edis Chus Lago, Cayetano Rodríguez e Manel Fernández e Xosé Pastoriza.

A Casa Galega da Cultura acolleu onte a inauguración da exposición “Xaime Isla: Raíz e Utopía de Galicia”, onde repasa o legado deixado polo intelectual cando se cumpren 100 anos do seu nacemento 

 “Repensar Galicia, proxectar Galicia, Facer Galicia”. Con esta cita comeza a cronobiografía de Xaime Isla (Santiago, 1915- Vigo, 2012) que acompaña a exposición “Raíz e utopía de Galicia, que onte se inaugurou na Casa Galega da Cultura polo centenario do seu nacemento. Comisariada por Xosé Pastoriza e producida pola editorial Galaxia, reúne perto de 200 fotografías e textos de fundacións e particulares para facer un repaso ao legado dun humanista, galeguista que dinamizou e modernizou os distintos ámbitos da sociedade galega. En verbas de Pastoriza, a mostra que permanecerá aberta ata o 2 de novembro, “párase nos fitos máis significativos da súa vida como a influencia do seu irmán Ramiro dende Bos Aires; a asociación xuvenil Ultreya fundada en Vigo en 1932 ou o pulo que lle deu aos estudos de economía dende ‘Revista de Economía de Galicia”. 
A exposición componse de doce paneis e expositores con obxectos curiosos como as medallas e recoñecementos que recibíu ao longo da vida; ou debuxos e pinturas asinadas polo intelectual como “A trepia de Galaxia”, unha serpe con tres cabezas, a de Fernández del Riego, Ramón Piñeiro e a do propio Isla Couto, que lle gustaba asinar Xaime Illa. Nun dos recunchos da sala, recreouse o despacho do homenaxeado: Na parede, a súa acuarela da praia de Sinás, en Raxó, residencia que alternaba coa de Vigo; sobre a mesa, o busto de  Don Bosco, que tanto lle influíu; a súa pipa, varias fotografías e entre os textos, o Estatuto de Autonomía, o que promoveu.
Pero a pegada de Xaime Isla está vencellada aos que o rodearon. Pastoriza fai especial fincapé na súa dona, Cristina Novoa e o seu irmán Ramiro, a quen lle adicaron a Fundación Isla Couto. “El traballou na procura dunha Galicia nova dentro dunha humanidade mellor; o seu legado permanece vivo cada vez que se dá unha misa en galego, cando se fai unha interpretación económica dende o punto de vista galego ou na publicación de obras na nosa lingua”, puntualiza Pastoriza, quen coñeceu ao intelectual aos 16 anos e quedou engailado co seu entusiasmo e compromiso.n

Te puede interesar