vigo

O fuxido Valtònyc, protagonista ausente da conferencia

O grupo de apoio a Valtònyc compareceu no Parlamento europeo.
photo_camera O grupo de apoio a Valtònyc compareceu no Parlamento europeo.

  "Non está aquí Valtònyc, pero estamos nós en defensa da liberdade de expresión". Así comezou a rolda de prensa Ana Miranda, deputada no Parlamento europeo polo BNG no grupo Les Verts-ALE.

Onte rematou o prazo para que rapeiro mallorquín condeado a tres anos de prisión se entregase  e ingresara en prisión, pola contra o seu círculo máis achegado anunció a súa fuxida ao estranxeiro. A expectación foi máxima, xa que algunhas fontes situábano en Bruxelas e agardaban a súa comparecencia na conferencia proposta por Miranda no Parlamento europeo e onde participou o grupo de apoio a Valtònyc. Tódolos seus integrantes negaron saber onde se atopa o rapeiro, pero respaldaron a súa postura. A reacción do Goberno español foi emitir a orde de detención internacional.
As declaracións realizáronse no ámbito da xornada sobre "Os ataques á liberdade de expresión e prensa en Europa", organizada pola eurodeputada do BNG coa colaboración de Esquerda. Reuníu na sede comunitaria ao escritor Suso de Toro, a xornalistas como Beatriz Talegón, Ana Pardo de Vera, representantes do comité de empresa da TVG, Aníbal Malvar, Boro LH ou Alex García, estes dous últimos xulgados por enaltecemento do terrorismo; a músicos con condenas polas súas letras como o colectivo La Insurgencia ou o rapeiro Pablo Hasel, cunha pena de máis de cinco anos de prisión polas súas cancións, ou a actriz Isabel Risco que expuseron o tratamento dos seus casos en España para pedir o apoio das instancias europeas. Analizáronse as consecuencias que a Ley de Seguridad Ciudadana e a reforma do Código Penal, ambas de 2015, ocasionan nas publicacións e nas expresións musicais. Nas comparecencias tamén participaron eurodeputados como a italiana Bárbara Spinelli, Josep Maria Terricabras ou Jordi Solé. As súas conclusións coincidiron cos ponentes convidados, onde acusaron ao Estado español de "non ser garante da liberdade de expresión e a independencias da televisións públicas" e ter experimentado "un retroceso nos dereitos sociais" nos últimos anos, favorecido pola crise económica".
Ana Miranda adicou a xornada á memoria de Suso Vaamonde e a Ramón Chao.

Te puede interesar