A Fundación Penzol cumpre 52 anos ao servizo da Cultura
VIGO
O Facebook da Fundación Penzol encheuse onte de parabéns. Os amigos desexabanlle a institución unha longa vida o día que cumpríu os seus 52 anos. Creouse en 1963 por iniciativa de Fermín Penzol, cando decide doar a súa valiosa biblioteca especializada en temática galega de acceso público para a investigación.
É o máis grande arquivo documental do país ten a súa sede aberta na Casa da Cultura de Vigo para todas aquelas persoas que queiran consultar os seus fondos. Comandada na actualidade por Quico Domínguez, foi, ata o día do seu pasamento, dirixida por Francisco Fernández del Riego. os fondos da formación constan duns 44.000 títulos de monografías impresas, dende o século XV; uns 2.370 títulos de publicacións periódicas; 106 títulos de libros manuscritos do século XVII ao XIX; perto de 300 diplomas en pergameo datados do século XII ata XVII; 75 pezas de cartografía histórica con numerosos exemplares do XVII e 120 metros lineais de documentos de arquivo.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar