vigo

A experiencia de Carme Pinós, no COAG de Vigo

A arquitecta Carme Pinós, mañá no COAG de Vigo.
photo_camera A arquitecta Carme Pinós, mañá no COAG de Vigo.

O Colexio de Arquitectos organiza mañá, día 23, unha conferencia do ciclo “Reflexións” coa arquitecta catalá Carme Pinós. Será ás 19,30 horas na delegación do COAG (Doutor Cadaval, 5), aberta o público. Baixo o título “Obra recente”, a arquitecta analizará o proxecto da Escola de Arte e Deseño La Massana. A escola forma parte dun largo proceso de transformación urbana da Praza da Gardunya en el casco histórico de Barcelona. Cunha superficie útil de 11.000 m2, a arquitecta sinala que todo o esforzo do proxecto responde á vontade de crear un espazo interior luminoso, e ao mesmo tempo que desde o exterior o edificio se vexa harmónico coa trama urbana. Co obxecto de darlle un carácter máis singular e escultórico e, á vez, quitar peso ao edificio, a parte que dá á praza descomponse en dous volumes que rotan creando terrazas. Entre os numerosos premios destacan  o Primeiro da IX Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo (2008); o Nacional de Arquitectura do Consello Superior dos Arquitectos de España (1995). 

Te puede interesar