vigo

Sete concellos e 85 mulleres participarán en “Depoemprega”

Carmela Silva, onte.
photo_camera Carmela Silva, onte.

 A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou de que a xunta de goberno da institución provincial vén de aprobar o proxecto “Depoemprega 2017” para a posta en marcha de programas integrados de emprego. Trátase dun programa dotado dun orzamento de 255.000 euros no que participarán “85 mulleres dos concellos de Pontevedra, Vigo, Cangas, Ponteareas, Poio, Tomiño e Tui”, sinalou a Presidenta provincial.
Estas 85 mulleres, que serán seleccionadas polo Servizo Público de Emprego (e que poden solicitar a súa participación ata o día 29 deste mes), consistirá “en impartir diversas accións formativas, no centro Príncipe Felipe ao longo dun ano, co obxectivo de conseguir que o 35% desas mulleres participantes se inserte laboralmente”. De feito, a Presidenta provincial informou de que “o ano pasado acadamos unha inserción laboral próxima o 45%, polo que estamos a falar cun proxecto que non só consegue os resultados perseguidos, senón que os seus resultados son mesmo superiores”.

criterios de selección
Carmela Silva sinalou que a relación de concellos foi seleccionada por dous motivos: en primeiro lugar, “porque no ano 2016 contaron cunha media de paro superior ás 1.000-2.000 persoas” e, ademais, “por teren un índice elevado de desemprego feminino”.
“Depoemprega 2017” contará con catro itinerarios: formación para o emprego, realización de prácticas profesionais non laborais, omento da cultura emprendedora e a empreabilidade.

Te puede interesar