VIGO

O Revoltallo 2014 chega "tarde pero con máis calidade"

Tony Lomba (Germán Fandiño), a estrela do Revoltallo.
photo_camera Tony Lomba (Germán Fandiño), a estrela do Revoltallo.

A 21 Edición do Revoltallo de Música Emerxente, que vai ter lugar en Valadares o venres 19, sábado 20 e domingo 21 conta cun programa para tódolos públicos "e dunha calidade como poucas veces tivemos.

 Aínda que ameace a choiva, non se vai suspender, dado que no auditorio do Centro Sociocultural (Valadares) temos espazo dabondo para acoller tódalas actuacións", avisan da organización. O acceso, libre e de balde.

DÍA 19, NO AUDITORIO
21 horas.- Urbano Cabrera. O veterán cantautor do Val Miñor, pioneiro da música galega, fará un percorrido musical acompañado da súa guitarra e armónica.
DÍA 20, NO AUDITORIO
21 horas. Marcos Escudero.  Amosaranos unha novidosa técnica de creación de imaxes, manipulando a area que se verte sobre un cristal iluminado, á vez que se proxecta sobre unha pantalla, o que nos permite ver como se vai construindo a figura ós poucos.

21.20.- Toñito de Poi e Pulpiño Viascón. Estes dous afamados artistas da escea galega, unen os seus talentos para montar un espectáculo denominado “Que pena de muchados”, no que mesturan música (serrucho, máquinas de xogos e outros instrumentos) con partes monologada.

DÍA 21, CONCERTOS NA LEIRA
16.45.- Cremita. Grupo conformado por ilustres instrumentistas da música galega. Un divertimento para tocar música alegre, desenfadada e bailable.
18.- Som do galpón. Co seu primeiro CD, este grupo santiagués causou unha revolución pola mestura que facía de voces rapeadas con sonoridades folc, aires de rock e no que o violín tiña un papel preferente. Retoman a presentación do seu segundo CD, (Galinha de Troia), sendo este un dos seus primeiros concertos da súa nova xira .
19,30.- Transilvanians. Fixéronse cun nome prestixioso e un público fiel dentro da escea Ska, por calidade, esforzo e dedicación. Algúns dos membros pasaron polo Revoltallo hai 20 anos. Presentan novo traballo: Echo, Vives&FIRE, que se adentra en ritmos étnicos.
21.- Tony Lomba. O representante por antonomasia en Galicia da canción popular, o iconoclasta, irreverente e simpático Germán Fandiño, todo un showman e currante do esceario que ofrecerá un repaso por todos os seus grandes hits.n

Te puede interesar