xornal escolar

Román Rodríguez salienta a implicación educativa en prol da inclusividade

Nesta líña tratas de continuar avanzando na consecución dun sistema educativo cada vez máis integrador.
photo_camera Nesta líña tratas de continuar avanzando na consecución dun sistema educativo cada vez máis integrador.

O conselleiro de Cultura e Educación da Xunta, nas  IV Xornadas de Atención a Diversidade "Sumando estratexia", agradeceu o esforzo dos       docentes, orientadores, especialistas e asociacións para lograr un ensino máis inclusivo

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou  recentemente na apertura das IV Xornadas de atención á diversidade ‘Sumando estratexia’, que se celebraron na Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela, e que teñen como obxectivo afondar na formación do profesorado neste eido. 
Neste sentido, o conselleiro lembrou que unha das liñas prioritarias do departamento que dirixe é, precisamente, continuar avanzando na consecución dun sistema educativo cada vez máis integrador, tendo en conta que, segundo os últimos informes dispoñibles, Galicia é xa a comunidade autónoma cun ensino máis inclusivo, co 91,1% do alumnado con Necesidades Educativas Especiais (NEE) integrado no réxime ordinario.
Neste sentido, o titular do departamento educativo da Xunta destacou e agradeceu o esforzo e implicación do profesorado, especialistas e orientadores na consecución deste obxectivo, sinalando como fundamental a unión de forzas de todos os axentes implicados no sistema educativo para valorar a diversidade e as diferenzas como un piar que nutre a toda a comunidade. “Trátase, pois, de sumar esforzos e adoptar medidas e accións que impliquen activamente a toda a comunidade educativa”, en prol de aproveitar as potencialidades de cada alumno, dixo.
Así mesmo Román Rodríguez incidiu na importancia de que as organizacións e asociacións e a Consellería traballen da man para que a escola sexa un lugar onde os alumnos con necesidades específicas de atención educativa poidan desenvolver todas as súas competencias persoais, emocionais, profesionais e sociais; e lembrou que a Consellería ten establecido acordos de colaboración con algunhas das representadas na xornada de hoxe, como a Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down (Down Galicia), a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia,a ONCE, a Federación Galega de Asociacións de Déficit de Atención e Hiperactividade a Asociación Galega de Asperger.
Orzamentos
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou diante da Comisión 3ª do Parlamento de Galicia os orzamentos do seu departamento para o ano 2017, unhas contas coas que se devolven os esforzos que se pediron aos traballadores do sector público durante os ano de crise e cos que se continúa a apostar pola equidade do sistema educativo – segundo o último informe PISA o sistema educativo galego é o máis equitativo dos países que participan no estudo-, e pola súa mellora cara á excelencia. 
Así mesmo, os presupostos teñen como obxectivo seguir poñendo a disposición da cidadanía unha oferta cultural diversa, activa, participativa, libre e innovadora, coa que atender a todos os colectivos culturais.
 
O titular do departamento educativo da Xunta sinalou ademais que os 2.315,4 millóns de euros do ano próximo (o que supón un incremento do 2,87 %, 64,5 millóns máis que no 2015) se centran nas persoas, tanto no referido á recuperación do salario como no que atinxe a atender ás necesidades específicas de atención educativa do alumnado, de transporte e comedor escolar, así como as especificidades do alumnado que está a piques de acceder ao mercado laboral. A aposta do goberno galego pola educación e a cultura, queda plasmada no 25,6 % que representa o investimento nesta eidos sobre o teito de gasto non financeiro.
 

Te puede interesar