Galicia

Preto de 100.000 rapaces terán acceso a un ensino plurilingüe

Román Rodríguez e Manuel Corredoira, director xeral de Educación, durante a presentación do plan.
photo_camera Román Rodríguez e Manuel Corredoira, director xeral de Educación, durante a presentación do plan.

Educación aumenta nun 400% o número de prazas gratuítas para estadías de inmersión en inglés

n n n O Goberno galego vén de reforzar para o curso 2016-2017 as accións en materia de plurilingüismo dirixidas ao alumnado, aos centros escolares e ao profesorado co fin de mellorar as competencias en lingua estranxeira por parte dos escolares galegos. Así o deu a coñecer na mañá de onte o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, quen asegurou que preto de 100.000 rapaces terán acceso a un ensino plurilingüe o próximo curso en Galicia; e que máis do 75% dos centros sostidos con fondos públicos nas etapas de ensino obrigatorio participan nalgunha acción de fomento do plurilingüismo.
Isto é posible grazas a que, de cara ao novo período escolar, se amplían as liñas contempladas no Plan de Potenciación de Linguas Estranxeiras como son os programas de inmersión en linguas estranxeiras, os centros plurilingües, as seccións bilingües e os auxiliares de conversa. Román Rodríguez destacou o "importante esforzo" do seu departamento para dotar ao sistema educativo galego das ferramentas axeitadas para avanzar no coñecemento de idiomas.
O conselleiro subliñou que o ensino e aprendizaxe de linguas é unha das liñas estratéxicas do Goberno galego para avanzar nunha escola pública máis moderna, actualizada, que avanza na equidade social e que xera máis oportunidades para o alumnado.

Estadías gratuítas
O conselleiro subliñou, sobre todo, a posta en marcha da "English Week" este outono, cun incremento dun 400% do número de prazas. Así, un total de 1.125 rapaces e rapazas de 6º de Primaria e de ESO se beneficiarán dunha estadía de inmersión lingüística en inglés durante unha semana en réxime de internado e totalmente de balde para as familias. É dicir, que os rapaces pasan unha semana nun campamento con profesores nativos en inglés e monitores, e onde compaxinan as actividades formativas con outras de carácter lúdico (deportivas, culturais,…).
Rodríguez lembrou o carácter "absolutamente gratuíto" destas estadías para as familias, que inclúen clases, actividades, aloxamento e manutención; así como a importancia deste tipo de accións para o reforzo da comunicación oral en lingua inglesa. "Por iso, multiplicamos por catro o número de prazas, ao pasar das 300 do ano pasado ás 1.125 deste próximo outono", explicou. Estas 1.125 prazas engádense ás outras 700 que se ofertan no período estival, e que das que os rapaces xa participaron durante este mes de xullo.
Na convocatoria para a selección dos centros participantes nestas estadías, a consellería establece unha serie de requisitos entre os que se priman cuestións como os contornos socioeconómicos menos favorecidos e os centros de ensinanza do rural.

auxiliares de conversa
Outro dos puntos destacados é a dotación de auxiliares de conversa, é dicir, titulares universitarios e docentes nativos de diferentes idiomas que veñen a dar clase durante todo o curso ao cen por cento dos centros plurilingües a a algúns dos centros que contan con seccións bilingües. O vindeiro curso haberá en Galicia un total de 504 auxiliares de conversa de diferentes idiomas traballando nos centros escolares en Galicia, o que supón un incremento do 11% con respecto a este ano. Galicia sitúase así na segunda CCAA en ratio de auxiliares por alumno.
Tamén se amplía para o próximo curso a Rede de Centros Plurilingües, cun total de 282 centros incorporados (un 10,15% máis que o pasado exercicio). Desde que se puxeron en marcha no curso 2010-2011 con 58, estes foron medrando de xeito exponencial ano tras ano e, de feito, nun total de 82 centros xa está totalmente implantado o plurilingüismo en toda a etapa de Primaria e de Secundaria.
Así mesmo increméntanse en 260 as seccións bilingües con 43 centros de nova incorporación a partires de setembro. Deste xeito, Galicia acada case 3.900 seccións bilingües nun total de 632 centros sostidos con fondos públicos. Cómpre destacar que haberá 13 ciclos novos de FP que incorporan seccións bilingües no curso 16-17.
A Consellería tamén sigue implementando o programa CUALE, a través do cal os rapaces reciben formación complementaria fóra do horario escolar naqueles centros que voluntariamente colaboran. Un programa no que o vindeiro curso participarán case 1.200 alumnos e 27 centros escolares. n

Te puede interesar