VIGO

O vigués Pablo Couto competirá hoxe en “Luar”

Pablo Couto, ‘Recanteiro do Miño’.
photo_camera Pablo Couto, ‘Recanteiro do Miño’.

O vigués de 21 anos, Pablo Couto volverá esta noite a pequena pantalla para competir  no concurso da canción de “Luar” na TVG.


Cun clube de fans no seu dominio de Facebook, pide de novo o apoio da súa cidade para pasar a unha nova fase. Tocalle a quenda cando pasen 30 minutos da medianoite. Nesta ocasión, terá que defender o tema “Alma Llanera”, versioneado en galego. As súas principais contrincantes son Carla e Marta, da Costa da Morte. Para axudarlle a gañar hai que chamar ao 988 600 681 no momento en que estea deliberando o xurado, antes as liñas permanecen pechadas.
Couto preséntase ao concurso co nome artístico de “Recanteiro do Miño”, elixido porque vai representar a tres comarcas, Condado, Paradanta e Baixo Miño, tódalas elas co río a seu carón, como a segunda residencia familiar, sita na parroquia de Valeixe, no concello da Cañiza. Pasou a primeira fase interpretando “La morena de mi copla”, tamén en galego.n

Te puede interesar
Más en Escaparate