rugby

O Vigo Rugby feminino incrementa o número

O campo das Lagoas acolleu unha xornada de iniciación ó rugby.
photo_camera O campo das Lagoas acolleu unha xornada de iniciación ó rugby.

O Vigo Rugby feminino organizou nas últimas dúas semanas unhas xornadas de captación de xogadoras coa intención de xuntar un número importante para poder facer un torneo durante a celebración de San Teleco.

Este obxectivo non se cumpriu, pero si reclutaron ata unha veintena de participantes ó longo das sesións de iniciación ó rugby e, incluso, dúas xogadoras xa acudiron a un adestramento co equipo feminino da entidade. 
A sección de mulleres do club vigués leva varios anos con este tipo de actividades para tentar aumentar o número de integrantes na súa estrutura. Nesta ocasión, organizaron para o mes de setembro catro xornadas de iniciación a este deporte nos campos de As Lagoas, que estaban especialmente dirixidas a universitarias. 
Aínda que non conseguiron acadar o número suficiente de deportistas para facer un torneo de promoción como final da actividade, si que aumentou a cifra de participantes con cada adestramento, o que indica que foi medrando o interese a medida que se espallou a existencia da actividade. En todo caso, o Kaleido Vigo mantén as portas abertas ós diferentes deportistas que queiran iniciarse neste deporte e participar nas súas actividades, especialmente no referente ó apartado feminino, que está a configurar o equipo.n

Te puede interesar