Atletismo | Vig-Bay
Un estallido de juventud
hípica
Monte e cabalos. Unha combinación case inmemorial e que tamén pode converterse en competición coas probas de raid, que optan por sacar aos animais dos recintos pechados ecuestres para realizar probas de longa distancia polo seu hábitat natural, entre árbores, toxo, fento e un pouco de lameiro se chove.
O Alazán acolleu o sábado a primeira edición do seu raid cunha proba puntuable para a Copa de Galicia desta modalidade deportiva sobre 80 quilómetros, que se completou con outras dúas de menor distancia e unha especial para cativos, que contou con 25 participantes, polos 32 que se deron cita nas de adultos.
Na competición raíña sobre 80 quilómetros, a vitoria foi para Rocío Díaz, con "Luna", que tardou en completar o percorrido 6 horas 36:16 cunha renda inferior ó minuto sobre César Areal e "Lluvia". A pesar de que o raid é unha modalidade competitiva e cronometrada, os participantes non poden cubrir o trazado o máis rápido posible porque teñen un tempo mínimo obrigado para non cansar de máis ós cabalos. A isto engádese que, nunha proba de 80 quilómetros, cada 20 teñen que pasar polo punto de inicio para dar descanso ós animais durante media hora e o servicio veterinario comprobar que se atopan en perfectas condicións físicas.
O podio completouno Lourdes López, con "Aduriña", que tardou sete horas e media en completar o trazado. A cita foi dura e, de feito, os últimos clasificados chegaron a media tarde ó club Alazán, organizador da proba e situado no alto de San Cosme. Dende alí, a organización trazou un fermoso percorrido polos montes de Mos, Porriño e Gondomar, coa colaboración das diferentes comunidades de montes.
Na cita de 60 quilómetros viviuse a vitoria de Óscar García con "Dana", por diante de José Costas con "Aquiles de Torre" e Olalla Pego, que competiu con "Siroco".
A competición de menor distancia, disputada sobre 40 quilometros, tivo como gañador a Adrián Lemos e "Algive", que asinou o mesmo tempo que David Sanmarco con "Cot Glenda".
A cita organizada no club de San Cosme contou cunha proba de promoción para menores, que tivo cunha inesperada participación de 25 xinetes, cando a organización tiña previsto menos. Un feito que anima ó club a continuar apostando por unha modalidade deportiva que une monte e cabalos.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último