VOLEIBOL SUPERLIGA FEMININA 2

A nota alcanza o seis

Celso Veloso recoñece que o Xuvenil acadou os obxectivos, pero que "sempre queres máis"

Celso Veloso dá instruccións ás súas xogadoras nun partido desta tempada.
Celso Veloso dá instruccións ás súas xogadoras nun partido desta tempada.
A nota alcanza o seis

O Xuvenil de Teis perdeu o pasado sábado ante o Zalaeta (3-1) para rematar a tempada na novena posición de Superliga Feminina 2. Un bo resultado para a entidade e tamén para o seu adestador, Celso Veloso. Non obstante, o técnico sempre espera un pouco máis. 
"A tempada creo que foi para un ben, un seis. Os obxectivos que nos puxemos se acadaron en prazo. Despois, a idea era estar entre o noveno e o sexto posto e finalizamos no noveno", resume o técnico. 
A evolución do equipo estivo marcada por "algunhas limitacións que nos afectaron nos resultados. Nos partidos de fóra sempre había baixas e, de feito, soamente gañamos dous partidos. Ademais, na segunda volta, tivemos os esguinces seguidos de Carla Figueroa e Tea Andric, que son xogadoras fundamentais". 
Estes problemas mermaron ás viguesas e tamén o número de vitorias totais, que quedou en oito. "As xogadoras divertíronse e tamén melloraron. Sempre queremos un pouco máis, pero sendo realistas, estamos contentos coa tempada que fixemos. Quizais faltou algunha vitoria máis fóra", engade o adestrador. 
Sobre a evolución do equipo e das xogadoras, Veloso indica que "este ano subimos a idade media porque marcharon varias rapazas de poucos anos cunha gran evolución e outras volveron ó deporte tras un tempo paradas. Algunhas das que chegaron da canteira melloraron no seu primeiro ano no equipo sénior."
Agora, o Xuvenil continuará adestrando os vindeiros dous meses ata que en maio as xogadoras pasen definitivamente á modalidade de praia. Sobre o vindeiro curso, existen máis interrogantes que certezas. A continuidade das extranxeiras Federica Farabegoli e Tea Andric depende de cuestións laborais e persoais, mentres que outras xogadoras rematan o bacharelato e o futuro depende dos estudos. En resumo, moitas cuestións por resolver.n