XOSÉ LOIS RIPALDA Escritor, presenta “O golfiño ceibe”

“A escolla das palabras é fundamental, busco a máis axeitada entre o falar da aldea”

Xosé Lois Ripalda amosa a súa última publicación.
photo_camera Xosé Lois Ripalda amosa a súa última publicación.

“Ás veces me critican porque é complicado para os nenos; se non saben o que di que lles pregunten ao mestre ou que busquen no diccionario”

nnn  Apacible, coa mesura que dá a experiencia, Xosé Lois Ripalda chega pola redacción de Atlántico para presentar a súa nova publicación: “O golfiño ceibe”. Recén saído da imprenta de Ir Indo, este libro adícao aos lectores máis novos, unha das súas febilidades, xunto a un galeguismo entendido dende a defensa cultural.

Como en tódolos seus libros, volve a escribir nun galego moi coidado, non sempre o normativo.
Para min a escolla das palabras é fundamental. Busco a máis axeitada entre o falar da aldea. Ás veces me critican porque é moi complicado para os nenos que poden non entender o que escribo. Se non saben o que di que lle pregunten ao mestre, que para eso está, o que o busquen no diccionario. Se non se recupera o idioma, acabará desaparecendo. Este é o meu xeito de contribuir a súa conservación.
Desta o seu protagonista é un golfiño aventureiro. Como tirou a inspiración por esa póla?
En 2008 apareceron uns golfiños na Ría e eu quedeime con esa idea. Hai un ano comecei a escribir esta historia que está baseada en feitos reais. É un canto ao amor e a loita pola liberdade. Triunfa a relación con Carolina.
No seu conto hai episodios que ben poderían ser un catálogo ecoloxista.
Son verdade. O relato comeza por un vello golfiño advertindo dos perigos. Despois Gaspar, o protagonista, víveas directamente. Aparece as masacres que teñen lugar en Xapón, de onde consigue fuxir. Percorre os océanos reivindicando a liberdade, así tamén ten que escapar dos acuarios. Eu estiven nun deles e son unha tortura. Os golfiños queren estar ceibes, non saltar para os turistas. Tamén denuncio que uso militar que fan desta especie os Estados Unidos, aquí chámolles os países azuis. Na guerra do Golfo adestráronnos para que nadasen ata o enimigo con cámaras de espionaxe ou bombas. Acabaron con moitos.
E por fin chega á Ría, ¿outro episodio real?
Aquí é onde se da a coñecer. Saíu en tódolos xornais. Aproveito para falar sobre os costumes dos golfiños locais, que adoitan reunirse na ría de Arousa para criar. Están moi afeitos a este medio.n

Te puede interesar