VIGO

O diario da guerra, 80 anos despois

O diario da guerra, 80 anos despois
O diario da guerra, 80 anos despois
O diario da guerra, 80 anos despois

O Colexio de Médicos presentou en Vigo o libro "Fernando Alsina e o seu diario de guerra", edición ao coidado de Ricardo Gurriarán que publica Alvarellos Editora, cun limiar do historiador Lourenzo Fernández Prieto. No acto interviron o presidente do colexio Luis Campos Villarino, o neto de Fernando Alsina, Javier del Valle-Inclán, o secretario de Política Lingüística, Valentín García, o historiador Gurriarán e Henrique Alvarellos. Alsina foi destacado cirurxán na Compostela da primeira metade do século XX. Fundador do Sanitario San Lorenzo, foi asinante do manifesto de apoio ao Estatuto de Galicia. En 1936 estivo na guerra no bando franquista e deixou un detallado diario que agora ve a luz, 80 anos despois.