MARCOS LÓPEZ CONCEPCIÓN Autor de “Pituxa, a fantástica nena da caca de ouro”

“Ao escribir para nenos hai que facelo cun pé na terra, poden asimilar todo cun final optimista”

Marcos López Concepción é natural de Lavadores.
photo_camera Marcos López Concepción é natural de Lavadores.

  Natural da parroquia de Lavadores, Marcos López Concepción (Vigo, 1975) estréase no mundo literario con “Pitusa, a fantástica nena da caca de ouro”, editado por Galaxia con ilustracións de Lidia Nokonoko. Administrativo de profesión, conta con dous contos publicados en “Relatos da Rúa”, da Editorial Elvira. Asegura que escribir lle axuda a sobrevivir: “Con elo escapo de todo, é como viaxar sin coller un avión”.Á seguir fala súa ópera prima aos lectores de Atlántico.

Na reseña do libro responsabiliza da historia a un bolígrafo máxico. De onde saíu?
O boli máxico é un que atopei nunha tenda de antigüedades. Ía apuntar a lista da compra e de súpeto, comezou a escribir el só o libro de Pituxa.

Aborda o tema dos desafiuzamentos nun libro que se recomenda para nenos a partir de doce anos. Non resulta un tema un pouco duro para estas idades?
Nun principio pode resultar duro, pero a resolución é divertida. Como nos “Simpson”, “Pituxa” pode ter dúas lecturas, unha máis doada para os rapaces e outra máis profunda para adultos, xa con certas referencias e reflexións.

Pensa que os nenos están preparados para asimilar o paro ou a realidade dunha familia que queda sen vivenda? 
Creo que cando se escribe para nenos hai que facelo cun pé na terra. Gústame a literatura fantástica, pero tamén hai que manter a conexión coa realidade. É a sociedade na que viven. Son capaces de asimilar todo se lles aporta un final optimista; os problemas teñen que ter unha saída, unha solución.

E por que a solución está na caca de Pituxa?
Na miña familia somos un pouco especiais, eu diría, algo escatolóxicos. Un día saíu nunha conversa ‘e que pasaría se cagase ouro?’, entón penseino. Ademais é un xeito de enganche coa rapazada, que lle gusta estos temas.

Na historia de Pituxa fai unha pequena referencia ao Balbino de Neira Vilas. Existe algunha relación?
Hai dous escritores que me fascinan: Cunqueiro, de quen penso que é un fenómeno en literatura fantástica, facendo falar a un paraugas e creando un circo de pulgas; e despois Neira Vilas. De ambos fago referencia no libro, que poden pasar desapercibidas.

Te puede interesar