val miñor

Vive Nigrán xa ten cartel para o festival do verán 2018

As cumbias electrónicas de Estaban &Manuel e Bigott, con melodías e coloridos sons.
photo_camera As cumbias electrónicas de Estaban &Manuel e Bigott, con melodías e coloridos sons.

Celebrarase ao pe do Monte Lourido, en Praia América, e hai catro  grupos confirmados para xullo

nnn A segunda edición do festival Vive Nigrán, que sustitue a Porto América e que se celebrará no antigo campo de fútbol de Lourido (Praia América) os próximos 20 e 21 de xullo, presentou un adianto do seu cartel con catro propostas frescas: a "música electrapical" de Mueveloreina, os sons emocionantes e transformadores de Depedro, á cumbiatune de Esteban & Manuel e a luminosidade musical de Bigott. O festival, ademais, continuará artellándose sobre a música e fusionándose cunha serie de experiencias que permitirán ao visitante vivir Nigrán no sentido máis amplo do termo. Un sinfín de actividades que debuxan un "picnic pop festival" de cultura creativa. E todo iso fronte ao Atlántico, co perfil das Cíes ao fondo, nun extremo de Praia América e ao pé de Monte Lourido. As persoas interesadas en adquirir as súas entradas xa poden facelo a través da  web do festival, www.vivenigran.com, e se poden adquirir os primeiros cen abonos por 18 euros.
MUEVELOREINA. Este dúo residente en Valencia formado por Karma Cereza e Joaco J. Fox deuse a coñecer debido aos vídeos de cancións con sons pegadizos (mestizaxes de ritmos latinos e electrónicos), con contidos líricos, punzantes e críticos cos males da sociedade. Eles definen o que fan como ‘música electrapical’ (electrónica, trap, e tropical).  
DEPEDRO.  Jairo Zavala actuará en Nigrán coa súa banda. Ten catro discos de estudo, presentando especialmente o seu último traballo, "El pasajero".   
BIGOTT.  Bigott é o nome elixido polo zaragozano Borja Laudo para este proxecto musical, cheo de luminosas melodías e coloridos sons de guitarra. O artista chegará a Nigrán co seu noveno álbum, "Candy Valley", un disco impregnado dunha enerxía vibrante, cancións curtas, directas e melodías marabillosamente pegadizas. 
ESTEBAN & MANUEL. Armados coa súa caixa de ritmos, teclado e guitarra, Esteban & Manuel comezaron a xirar co seu primeiro disco, "La banda sonora de tu día a día", cun estilo que bebe de ritmos como cumbia ou merengue. n

Te puede interesar