xi carreira de moaña

Víctor Riobó e María Jesús Gestido gañan en Moaña

O momento da saída da XI Carreira Concello de Moaña.
photo_camera O momento da saída da XI Carreira Concello de Moaña.

A carreira contou coa parcipación de medio milleiro de atletas

Un percorrido costeiro serviu onte como lugar de celebración da XI Carreira Concello de Moaña, que tivo como gañadores a Víctor Riobó na categoría masculina e María Jesús Gestido na femenina. 
Entre os homes, a proba converteuse nun mana a mana entre o gañador da proba e Akka Essaadaoui. Os dous atletas correron en xuntos todo a proba pero, unha vez dentro da pista de atletismo moañesa, o de Marín impuxo a súa explosividade nos metros finais. O terceiro posto logrouno Rubén Pereira.
Por outra banda, a categoría feminina careceu de emoción xa que María Jesús Gestido impúxose en solitario con moita claridade. No segundo lugar entrou Andreia Santos e o terceiro foi para Raquel Suárez. 
En total, uns cincocentos participantes distribuidos nas diferentes categorías, participaron na carreira moañesa baixo un día solleiro.

Te puede interesar