condado/louriña

Reunión en Ponteareas para loitar contra a vespa velutina

Niño de vespa velutina capturado en Ponteareas.
photo_camera Niño de vespa velutina capturado en Ponteareas.

 O goberno de Ponteareas desde as concellerías de Medio Ambiente e Medio Rural, convocan para o vindeiro sábado, ás 16:30 horas, unha reunión con apicultores -aberta a toda a cidadanía-,  para buscar xeitos de frear a praga da vespa velutina.

Dita xuntanza celebrarase na sala multiusos do Auditorio Reveriano Soutullo e contará coa participación dun técnico da Asociación Galega de Apicultura así como de apicultores locais. O alcalde e tamén concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Represas, resalta a necesidade de traballar de xeito coordinado neste intre no que a vespa velutina inicia a construción dos niños primarios, os provisionais. E explica que este é o momento propicio para capturar as vespas raíñas fundadoras para frear a propagación da praga, cantas máis se eliminen menos vespas velutinas haberá no verán.Para lograr este obxectivo de redución de niños de 'velutinas', o Concello -ao remate da reunión-, comezará a entregar trampas para caputurar as raíñas, aos apicultores e veciños que voluntariamente se comprometan a participar. Todas as trampas estarán identificadas e numeradas para a súa identificación e control posterior de resultados. As persoas que voluntariamente se presten a colaborar co Concello nesta tarefa, recibirán as indicacións necesarias, e asi mesmo, cada 15 días, durante os vindeiros 3 meses, renovarán o líquido das trampas e controlaranse as raíñas capturadas. 

Te puede interesar