Os campos deportivos de Nigrán, con desfibriladores
val miñor
O Concello ven de dotar de desfibriladores externos semiautomáticos (DESA) ás tres instalacións deportivas municipais,
nnnCondomínguez, San Pedro e o Pavillón de Panxón xa teñene os DESA e ademais o Concello ven de formar aos técnicos deportivos para capacitalos no seu uso. O obxectivo é que as tres instalacións municipais sexan lugares cardioprotexidos e, consecuentemente, o Concello ofreceu este sábado a través do 061 o curso formativo obrigatorio dirixidos aos monitores dos diferentes clubes que desenvolven competicións nestes espazos: E.D Val Miñor-Nigrán, Racing Vilariño, Club Baloncesto Nigrán, Panxón Futbol Sala e veteranos de fútbol sala. Durante cinco horas adquiriron a capacitación para empregar correctamente este aparato e a realizar técnicas de reanimación cardiopulmonar. "Aínda que a medida non é obrigatoria, a consideramos crucial porque en caso de infarto o rápido acceso ao desfibrilador pode ser a diferencia entre vivir ou non, e igual de importante que é ter o aparato é contar con técnicos que o saiban empregar correctamente, concretamente aqueles que están nas instalacións cando se está a competir", indica o alcalde, Juan González . Coa mesma intención, antes de final de ano dotaranse de desfibriladores ás patrullas da Policía Local e, a continuación, instalaranse nos centros educativos. O DESA é moi eficaz para a maior parte dos chamados paros cardíacos, que en gran porcentaxe son debidos a que o corazón fibrila e o seu ritmo non é o axeitando, logrando estes equipos restablecelo. A súa efectividade é máxima no momento inicial, polo que é recomendable dispor en lugares moi concurridos. n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último