VAL MIÑOR

Basket 3x3 no parque da Palma de Baiona

Baloncesto frente ao Parador de Baiona, na modalidade tres contra tres.
photo_camera Baloncesto frente ao Parador de Baiona, na modalidade tres contra tres.

A competición será durante os vindeiros días 25 e 26 de agosto

O baloncesto regresará ao parque da Palma de Baiona os vindeiros 25 e 26 de agosto cunha nova edición do Basket 3x3 dentro do torneos de verán Vila de Baiona. As inscricións estarán abertas ata o mércores, día 23, e poden formalizarse no Pavillón Municipal, a través do e-mail [email protected] ou no teléfono 986.356.558.
O torneos de verán Vila de Baiona “Gran Premio Villarosa-La Caixa” continúan no Porto Pesqueiro coa celebración do XV Concurso Infantil de Pesca a partir das cinco da tarde. 
Unha semana despois, as competicións rematarán coa celebración da XXII edición do Basket 3x3 no Parque da Palma.
A organización deseñou seis categorías diferentes para dar cabida a todos os interesados en participar, dende os  Veteranos (máis de 40 anos), a Adultos (masculino e feminino), Sub-16, Sub-12 e Especiais. Poderanse inscribir 16 ou 20 equipos e cada equipo deberá comporse por un mínimo de 3 xogadores e 1 reserva, e un máximo de 6. Tódolos partidos terán un só tempo de 20 minutos. Rematará o partido cando finalice o tempo establecido ou cando un equipo chegue a 21 puntos.
Ao longo do presente verán, o Concello de Baiona xa acolleu os torneos de Volei-Praia, Palas-Praia e Pesca Infantil. 
Todas as actividades están organizadas pola Concellería de Deportes e Actividades Marítimas de Baiona. n

Te puede interesar