Condado/Louriña

A alcaldesa do Porriño anuncia na Granxa o inicio das obras de mellora

David Sobral, García de la Torre e Indalecio Cuevas.
photo_camera David Sobral, García de la Torre e Indalecio Cuevas.

A rexedora, mantivo onte martes, unha xuntanza co presidente dos empresarios do polígono da A Granxa para tratar sobre a conservación do mesmo e os proxectos de mellora deste emprazamento industrial.

     García de la Torre, Indalecio Cuevas e o xerente da Entidade de Conservación do Polígono de A Granxa, David Sobral, fixeron un percorrido polo mesmo para ver, in situ, os lugares nos que o Concello ten previsto realizar obras, e para estudar as necesidades de conservación e sinalización que garantan a seguridade no tránsito e acceso ao mesmo. 
     A alcaldesa informou polo miúdo aos responsables da Entidade do plan de transformación de catro rotondas interiores e adiantou que o Concello acometerá, “inmediatamente”, a reparación da beirarrúa e o vial danados na Avenida Principal coa rúa I así como a colocación de discos azuis e pintado de vías, reposición de sinais, colocación de sinalética informativa sobre a limitación do estacionamento de gabarras así como o regulamento da taxa de vados municipais de xeito que so teña que pagala quen queira a placa dos mesmos.  Ademais, o goberno local ten a intención de acelerar os trámites para a reposición da escultura danada por un accidente en febreiro de 2011 e comprométese á mellora da limpeza no conxunto do polígono, no que traballan máis de 4.000 persoas e transitan, diariamente, preto do dobre. 
     García e Cuevas coincidiron no feito de que o tecido empresarial é un dos símbolos do Porriño, que abrangue algunhas das firmas punteiras “a nivel mundial” o que se reflicte na súa capacidade innovadora, exportadora, investigadora e creadora. 

Te puede interesar