Programas de becas artísticas e deportivas

PROMOVIDO POLA CONSELLERíA DE EDUCACIóN DA XUNTA, TRATA DE ABRIR CAMIñOS AOS ESCOLARES O MUNDO DA EMPRESA.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o director xeral da Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA), Francisco J. Pereiro Pérez, asinaron en Santiago de Compostela unha addenda ao convenio de colaboración para o apoio aos programas de becas de formación práctica de persoas tituladas en ensinanzas artísticas e deportivas, tratando de potenciar as habilidades artísticas dos nenos e nenas que cursan estudios actualmente nos distintos centros galegos.

redacción vigo

Publicado: 20 nov 2013 - 10:45 Actualizado: 22 oct 2018 - 15:50

O plan de becas cubre a alumnos de todo o territorio galego.
O plan de becas cubre a alumnos de todo o territorio galego.

Dito convenio vai dirixido aos estudantes de ensinanzas elementais de música e de danza; aos das artísticas profesionais de música e danza así como aos dos graos medio e superior de artes prácticas e deseño. Tamén están incluído o alumnado de ensinanzas artísticas superiores nos que se inclúen os estudos superiores de música e danzas, as ensinanzas de arte dramática, de conservación e restauración de bens culturais, de deseño e os estudos superiores de artes plásticas nos que se inclúen tamén os pertencentes a disciplina de cerámica e vidro como uno dos apartados de maior crecemento nos últimos anos.

O desenvolvemento

Ademais o acordo tamén é relativo ás ensinanzas deportivas, cuxo fin é preparar aos estudantes de todala comunidade escolar galega para a actividade profesional en relación cunha modalidade ou especialidade deportiva, así como facilitar a súa adaptación á evolución do mundo laboral e deportivo e á cidadanía activa.

Esta addenda completa o convenio asinado no ano 2012, por primeira vez, e no que xa se daba conta de que a FEUGA implantaría e desenvolvería programas e actuacións específicos encamiñados a desenvolver o mecanismo preciso para a realización de prácticas en empresas de calquera tamaño e sector de actividade.

Beneficiarios

O número de beneficiados por este programa de bolsas en apoio das diferentes disciplinas das artes ata este momento foi de 603 escolares nas catro provincias galegas, pero aumentará nos proximos anos a medida que se consolide o proxecto educativo mos curso posteriores.

Deste xeito a Consellería de Educación e Cultura da Xunta e a FEUGA dan conta da necesidade de unir esforzos entre todos, mellorando o aproveitamento dos recursos dispoñibles neste momento e coordinando medidas de apoio ás iniciativas de formación práctica en empresas e inserción profesional de persoas tituladas da Formación Profesional e, a partir de agora gracias a este acordo educativo, das devanditas ensinanzas de réxime especial.

Compromiso

No citado documento asinado queda reflectido o acordo en actuacións dirixidas a facilitar o progreso no itinerario profesional das devanditas persoas tituladas e que faciliten a relación destas e as empresas que colaboran neste acordo.

A Consellería de Cultura e Educación da Xunta volve amosar, con este nuevo proxecto educativo, o seu compromiso coa preparación dos estudantes galegos para a súa inserción no mundo laboral, neste caso dándolles a través da FEUGA unha nova oportunidade de incorporarse ao mundo da empresa, pensando no futuro profesional de todolos nenos e nenas galegos que muestren iniciativas artísticas con idea de futuro nas diferentes empresas vinculadas a estas disciplinas e apartados.

.

Contenido patrocinado

stats