O Instituto de Teis traballa polo ensino en Vigo dende 1985

Xornal escolar

Contan co Programa Erasmus + para ofrecer ao alumnado do módulo de Formación en Centros de Traballo no extranxeiro.

Publicado: 08 abr 2019 - 12:22
O IES de Teis foi inaugurado en 1985.
O IES de Teis foi inaugurado en 1985.

O Instituto de Educación Secundaria de Teis en Vigo imparte os ciclos de Educación Secundaria Obrigatoria, as diferentes modalidades de Bacharelato, Ciclos Formativos e Educación Srecundaria para Persoas Adultas.

ESO.

-Programa Edixgal en 1º e 2º ESO.

-Uso da aplicación de Abalar móbil para comunicación coas familias.

- Oferta dos dous itinerarios de 3º e 4º ESO.

-Medidas de atención á diversidade: desdobramentos, agrupamentos específicos, apoio de persoal de Pedagoxía Terapéutica e grupos de PMAR.

-Auxiliares de conversa en linguas estranxeiras.

-Proxecto deportivo de centro.

Bacharelato ordinario.

-Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.

- Modalidade de Ciencias e Tecnoloxía.

Ciclos Formativos

-Na FP básica imparten Peiteado e Estética e Informática de Oficina. Nos Ciclos de Grao Medio: Ciclo de grao Medio de Estética e Beleza (oferta ordinaria e adultos modular), Ciclo de Grao Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes (oferta ordinaria e adultos modular) e Ciclo de grao Medio de Peiteado e Cosmética Capilar (oferta ordinaria e adultos modular)

Nos Ciclos de Grao Superior:

Ciclo de Grao Superior de Administración de Sistemas Informáticos en rede (oferta ordinaria e adultos modular), Ciclo de Grao Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (oferta ordinaria e adultos modular), Ciclo de Grao Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web (oferta ordinaria adultos modular), Ciclo de Grao Superior de Estética Integral e Benestar (oferta ordinaria e adultos modular), e Ciclo de Grao Superior de Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa (oferta adultos modular).

Educación Secundaria para Persoas Adultas

Na Educación Secundaria de Persoas Adultas impartensen No Instituto de Teis os modulos: III (setembro-febreiro) e IV (febreiro-xuño). Unha vez superados acadarase o título de Graduado en Educación Secundaria. Para acceder e necesario ter 18 anos e ter superado totalmente o segundo curso da ESO.

Programas realizados no centro educativo

-Programa Exdigal (1º e 2º cursos da ESO).

-Programa orientado á implantación e utilización das tecnoloxías da información e a comunicación no ámbito escolar e familiar, que permite a alumnado e familias ter á súa disposición un ordenador persoal para estudar e facer tarefas tanto na aula como na casa.

-Aprender a Convivir.

Unha das súas ferramentas é o establecemento dun servizo de Mediación. A mediación é un proceso de resolución pacífica de conflitos e e un instrumento eficaz para a mellora da convivencia no centro.

-Programa Cuale: Aprendizaxe de linguas estranxeiras certificado en caso de avaliación positiva para o alumnado de ciclos formativos de FP: Inglés e Francés, para o alumnado da ESO, Inglés e Francés, e para o alumnado

de Bacharelato: Inglés e Francés.

-Programa Erasmus + : para ofrecee a posibilidade de realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no estranxeiro.

-Programa PROA: plan de reforzo para o alumnado de ESO e FPB co obxectivo de mellorar o seu rendemento escolar.

-Plan Proxecta: fomento da innovación educativa a través de varios programas que desenvolven as competencias clave e os contidos transversais do currículo da ESO.

Outros servizos

-Transporte escolar.

-Cafetería.

-Ampla oferta de actividades complementarias e extraescolares, entre as que destacan a publicación da revista Perfil, a realización de viaxes culturais e a asistencia a numerosos eventos educativos. O centro educativo oferta, asemade, as seguintes actividades deportivas:

-Actividade extraescolar de Badminton.

-Actividade extraescolar de Fútbol sala.

-Actividade extraescolar de Voleibol

-Lecer deportivo: durante os recreos o Departamento de Educación Física organiza diversas actividades tanto lúdicas como competitivas para fomentar a actividade física do alumnado de todos os niveis educativos.

Premio

Os esforzos en materia de orientación e atención á diversidade se viron recompensados este ano no Instituto de Educación Secundaria de Teis coa obtención por parte dunha alumna do instituto do Premio da ESO ao esforzo e a superación persoal.

Portas abertas

Dentro do programa de transición de Educación Primaria a Secundaria, desenvolven cada curso a actividade da Xornada de Portas Abertas, para o alumnado dos centros adscritos ao instituto.

Contenido patrocinado

stats