Educación aposta polo Proxecto Combás

UNHA INICIATIVA QUE TRATA DE MELLORAR A FORMACIóN DOS PROFESORES EN BUSCA DA EXCELENCIA EDUCATIVA.

A iniciativa da Consellería de Educación da Xunta do 'Proxecto Combás' enmárcase na política de fomento da autonomía dos centros á hora de analizar as súas eivas e fortalezas, na mesma liña que os contratos-programa e os plans de formación en centros .

redacción. vigo

Publicado: 11 dic 2013 - 12:29 Actualizado: 22 oct 2018 - 15:50

O CPR Plurilingüe Apóstol Santiago de Ponteareas participa no Proxecto Combás.
O CPR Plurilingüe Apóstol Santiago de Ponteareas participa no Proxecto Combás.

Trátase de un novidoso plan de formación do profesorado que integra algunhas accións que viñan desenvolvendo os centros a través do plan anual de formación de docentes. O Proxecto Combas é un novidoso plan de formación do profesorado que integra algunhas accións que viñan desenvolvendo os centros educativos a través do Plan Anual de Formación do Profesorado, na que este curso participarán un total de 51 centros educativos da provincia de Pontevedra. A través desta iniciativa o departamento educativo da Xunta de Galicia dá un novo impulso aos programas para a mellora da calidade educativa en relación coa formación en competencias básicas en cada centro de ensino, a través da análise das súas necesidades particulares. Trátase dunha nova accións que se enmarca na política da Consellería de fomento da autonomía dos centros á hora de analizar as súas eivas e fortalezas, na mesma liña que os contratos-programa e os plans de formación en centros.

O obxectivo de Combas é apoiar a integración das competencias básicas (CCBB) no currículo na programación que se imparte, a través de concrecións curriculares para cada centro educativo participante, incidindo de forma especial na adecuación metodolóxica e na avaliación. Asemade, os centros participantes terán prioridade para o desenvolvemento de actividades de formación en centros nas próximas convocatorias, un proxecto piloto que se puxo en marcha no curso 2012/2013. O proxecto é unha iniciativa máis dentro da aposta da Consellería de Cultura e Educación pola formación do profesorado galego como piar fundamental no avance cara á excelencia no ensino.

Visitas a web

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acadou no pasado ano preto de 1,3 millóns de visitas na web da Revista Galega do Ensino (http://www.edu.xunta.es/eduga ), unha publicación semestral na que se recolle información de interese para todos os niveis do ensino, desde a educación infantil ata a universitaria. Dirixida por Juan A. Granados Loureda, a Revista conta coa colaboración de destacadas figuras do eido da educación en Galicia, desde representantes de centros de ensino como das tres Universidades públicas galegas, da UNED, das Universidades de Valencia, Barcelona e Salamanca, e do Istituto di Scienze e Tecnologie della Cognizione de Roma. Estas visitas reflicten o valor que os usuarios lle dan a esta publicación da Consellería de Cultura e Educación como fonte de información especializada no eido do ensino. Editada desde o ano 1993, a Revista conta cunha longa tradición na difusión das experiencias que se levan a cabo nos centros educativos, das actividades de formación desenvolvidas e das novidades en materia de investigación e de lexislación de interese para a comunidade educativa. Así mesmo, EDUGA recolle entrevistas e novas da actualidade educativa a nivel galego, nacional e internacional. Ademais, a publicación conta con espazos como “Opinión”, “A nosa escola” ou “Que é?” abertos á participación da comunidade educativa, así como cunha ampla hemeroteca cos números xa publicados a disposición dos usuarios.

Finalmente, na súa liña de permanente evolución e renovación e, coincidindo coa saída do número 66 prevista para o próximo mes de decembro, EDUGA incorporará dous novos apartados que acompañan ao de “Formación” recentemente integrado na Revista. Así, a comunidade educativa galega disporá das seccións “Innovación” (con subseccións como as dedicadas ao Plan Proxecta ou aos Contidos educativos) e “Bibliotecas” (con tres subapartados: Boas Prácticas, Biblioteca Escolar e Hora de ler) destinadas a enriquecer as propostas de reflexión metodolóxica e innovación educativa que ata o momento acollía a Revista Galega do Ensino.

Contenido patrocinado

stats