O Colexio Chans de Bembrive fomenta a educación emocional
xornal escolar
O centro educativo de Vigo, que imparte os ciclos de Educación Infantil e Primaria, está situado nunha contorna natural privilexiada que achega ao alumnado ao medio con diversas actividades e proxectos nas aulas.
O Colexio Público de Chans-Bembrive foi inaugurado no ano 1980 como centro comarcal para escolarizar alumnado de Bembrive e do centro de Vigo.
Inicialmente so contaba cun edificio e atendía a alumnado de EXB. No ano 1985 constrúese un edifico anexo para acoller alumnado de Educación Infantil e anos máis tarde o pavillón polideportivo completando as instalacións que se manteñen actualmente.
No curso académico 1989-1990 o centro converteuse en centro experimental da reforma educativa acollendo 1º e 2º cursos de educación secundaria obrigatoria. Experiencia que continua ata que o novo plan de estudos fíxose obrigatorio para tódolos centros de Galicia.
No ano 1998, e de acordo coa nova rede de centros establecida pola Consellería de Educación, o colexio transformase nun CEIP, centro de educación infantil e primaria.
O longo destes preto de corenta anos de vida matriculáronse 2.570 alumnos e alumnas no noso centro.
No curso actual hai matriculados 270 alumnos e alumnas
O centro ten participado e participa en numerosos proxectos educativos destacando na actualidade a pertenza a rede de centros de Educación Responsable, programa educativo que fomenta a educación emocional e para a creatividade.
A contorna próximo do centro é eminentemente rural en estes últimos anos en terreos anexos ao recinto escolar a Entidade Local Menor de Bembrive construíu un parque infantil de grandes dimensións, dotado con variedade de xogos infantís, espazos para a práctica deportiva, mesas e fontes de auga.
Se a este parque unimos outros espazos existentes como o parque forestal do Pouso e outras áreas de lecer, sendeiros que foron mellorados nos últimos tempos forman un conxunto natural excepcional e o convérten nun excelente recurso medioambiental.
Alumnado
O alumnado do CEIP de Chans–Bembrive é variado e diverso é está marcado pola dispersión xeográfica. Provén de diversos puntos da cidade de Vigo, do seu casco urbano, de Bembrive e, nunha porcentaxe menor, de concellos limítrofes.
Tradicionalmente e ata o 2010, á porcentaxe de alumnado da parroquia era inferior ao 30%. Nos últimos cursos, a porcentaxe de alumnado residente en Bembrive aumentou ata chegar a un 46,9 % neste curso.
Profesorado
O cadro de persoal docente está composto de 26 profesoras e profesoras, distribuídos da seguinte forma:
5 profesoras de Educación Infantil, 11 profesore/as de Educación Primaria, 2 profesores de Educación Física, 2 profesoras de Lingua Inglesa, 1 profesora de Música, 1 profesor de Pedagoxía Terapéutica, 1 profesora de Audición e linguaxe, 1 Orientadora e 2 profesoras de relixión compartidas.
Servizos
Na súa orixe o CEIP de Chans-Bembrive foi un colexio público comarcal creado para satisfacer a demanda de postos escolares do centro de Vigo. Iso explica os seus servizos complementarios.
O centro conta con seis liñas de autobús. Dúas cobren as necesidades da parroquia e catro enlazan diversos lugares do centro de Vigo coa escola.
Utiliza o transporte escolar un 80 % do alumnado. O centro escolar conta cun comedor escolar de xestión directa. O centro merca os alimentos e deseña os menús, adaptándose aos estándares dunha dieta saudable. Baixo a coordinación da encargada de comedor, o cociñeiro e dúas axudantes de cociña elaboran diariamente a comida nas propias instalacións do centro. No curso actual ten 236, alumnos/as anotados. A media de asistencia diaria está arredor dos 200 usuarios.
Instalacións
O edificio principal do CEIP Chans de Bembrive conta con: catorce aulas para Educación Infantil e Educación Primaria; aulas de inglés, de Informática, música e psicomotricidade; despachos para Orientación, audición e linguaxe, e pedagoxía terapéutica; espazos para administración e biblioteca escolar. Completan as instalacións o pavillón polideportivo e multiusos que se usa para as clases de Educación Fisica, actividades extraescolares e actos escolares ou festivais. Contando coa colaboración e axuda dos país e nais dos alumnos e alumnas construíron un pavillón polideportivo e multiusos cun escenario e almacén, que utilizase tanto para as clases de educación física, extraescolares, actos e actuacións, aula de plástica e actividades extraescolares e local de oficinas e servizos da Anpa, Asociación de Pais e Nais do colexio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Día de las Fuerzas Armadas
Vigo se vuelca con el Día de las Fuerzas Armadas en un desfile sin espectáculo aéreo ni izado de bandera